{"id":257639,"date":"2025-02-11T09:58:34","date_gmt":"2025-02-11T08:58:34","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=257639"},"modified":"2025-02-11T09:58:34","modified_gmt":"2025-02-11T08:58:34","slug":"cintecx-celebra-o-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-coa-exposicion-mulleres-investigadoras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-celebra-o-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-coa-exposicion-mulleres-investigadoras\/","title":{"rendered":"CINTECX celebra o d\u00eda da muller e a nena na ciencia coa Exposici\u00f3n \u00abMulleres Investigadoras\u00bb"},"content":{"rendered":"<p>A exposici\u00f3n \u00abMulleres Investigadoras no CINTECX\u00bb con motivo do D\u00eda da Muller e da Nena na Ciencia, recolle as imaxes de 12 cient\u00edficas que animan \u00e1s nenas e aos nenos a facer ciencia sen estereotipos de x\u00e9nero. Esta iniciativa busca promover por igual as vocaci\u00f3ns investigadoras e cient\u00edficas na rama do co\u00f1ecemento das ciencias t\u00e9cnicas<\/p>\n<p>Esta exposici\u00f3n, concibida como unha acci\u00f3n divulgativa e de sensibilizaci\u00f3n, recolle as ilustraci\u00f3ns das doce investigadoras que participaron no calendario CINTECX 2025. A trav\u00e9s de ilustraci\u00f3ns que recollen a s\u00faa esencia e compromiso coa ciencia, e con mensaxes dirixidos \u00e1 mocidade, as cient\u00edficas reflicten a s\u00faa experiencia po\u00f1endo en valor a importancia de romper barreiras. Esta mensaxe resoa ao longo da exposici\u00f3n, que busca demostrar que o talento e a paix\u00f3n pola ciencia non te\u00f1en x\u00e9nero.<\/p>\n<p>A variedade das invesigadoras, incide na necesidade de abordar a ciencia dende unha perspectiva multidisciplinar, reflictindo a diversidade dos grupos de investigaci\u00f3n e do persoal do centro. O percorrido expositivo ofrece unha visi\u00f3n do amplo abano de \u00e1reas de co\u00f1ecemento que confl\u00faen en CINTECX, un dos seus principais sinais de identidade e fortalezas.<\/p>\n<h3><em>\u00abDebemos eliminar os estereotipos nas disciplinas STEM para que calquera persoa poida desenvolverse profesionalmente independentemente do seu sexo\u00bb<\/em> Teresa Rivas, protagonista do mes de xaneiro.<\/h3>\n<p>A iniciativa non s\u00f3 busca po\u00f1er en valor o talento e a traxectoria das mulleres cient\u00edficas que forman parte da exposici\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n servir de inspiraci\u00f3n para as novas xeraci\u00f3ns, mostrando referentes femininos nas disciplinas STEM.<\/p>\n<p>As frases motivadoras e historias sobre a s\u00faa experiencia recollidas tanto nesta mostra como no calendario est\u00e1n especiamente dirixidas a t\u00f3dalas cativas con interese en comezar esta carreira. \u00c9 por isto que cada\u00a0investigadora comparte a s\u00faa visi\u00f3n sobre a importancia da ciencia e a tecnolox\u00eda na sociedade actual, as\u00ed como a necesidade dunha maior presenza feminina nestes \u00e1mbitos.<br \/>\nAdemais, as protagonistas destacan non s\u00f3 fitos na s\u00faa traxectoria investigadora, sen\u00f3n tam\u00e9n as motivaci\u00f3ns que os impulsan a seguir innovando, investigando e contribu\u00edndo ao desenvolvemento do co\u00f1ecemento.<\/p>\n<h3><em>\u00abAs mulleres na ciencia rompen barreiras, demostrando que o talento non ten x\u00e9nero\u00bb<\/em> Ant\u00eda Fern\u00e1ndez, protagonista do mes de febreiro.<\/h3>\n<p><span data-teams=\"true\">Ao longo de todo este mes pode visitarse Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx, a exposici\u00f3n Mulleres investigadoras Cintecx 2025, inaugurada a pasada semana, na que se poden ver os carteis coas ilustraci\u00f3ns das investigadoras do calendario 2025 do centro, 12 l\u00e1minas nas que se pon en valor o traballo de 12 das s\u00faas cient\u00edficas e, en xeral, o traballo da muller na investigaci\u00f3n. Coincidindo coa inauguraci\u00f3n da mostra celebrouse tam\u00e9n unha mesa redonda con participantes de distintos \u00e1mbitos sobre mulleres na investigaci\u00f3n. A trav\u00e9s de visitas guiadas e actividades divulgativas, os asistentes poder\u00e1n co\u00f1ecer de primeira man o traballo que se desenvolve no CINTECX e compartir experiencias cos seus protagonistas.<\/span><\/p>\n<p>Con iniciativas coma esta, CINTECX reafirma o seu compromiso coa igualdade na investigaci\u00f3n, promovendo referentes femininos na ciencia e contribu\u00edndo a constru\u00edr un futuro m\u00e1is diverso e integrador, co obxectivo de achegar a ciencia \u00e1 sociedade e espertar as vocaci\u00f3ns cient\u00edficas dende pequenos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A exposici\u00f3n \u00abMulleres Investigadoras no CINTECX\u00bb con motivo do D\u00eda da Muller e da Nena na Ciencia, recolle as imaxes de 12 cient\u00edficas que animan &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-celebra-o-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-coa-exposicion-mulleres-investigadoras\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":257615,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-257639","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257639","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=257639"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257639\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":257664,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257639\/revisions\/257664"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/257615"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=257639"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=257639"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=257639"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}