{"id":257507,"date":"2025-01-23T10:24:05","date_gmt":"2025-01-23T09:24:05","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=257507"},"modified":"2025-01-23T10:24:05","modified_gmt":"2025-01-23T09:24:05","slug":"belen-riveiro-recolle-o-premio-da-real-academia-galega-de-ciencias-e-a-universidad-intercontinental-de-la-empresa-para-investigadores-e-investigadoras-novas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/belen-riveiro-recolle-o-premio-da-real-academia-galega-de-ciencias-e-a-universidad-intercontinental-de-la-empresa-para-investigadores-e-investigadoras-novas\/","title":{"rendered":"Bel\u00e9n Riveiro recolle o Premio da Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa para investigadores e investigadoras novas"},"content":{"rendered":"<p>DUVI  23\/01\/2025<br \/>\nA investigadora de CINTECX Bel\u00e9n Riveiro recolleu no ser\u00e1n deste m\u00e9rcores en Santiago de Compostela o Premio da Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa pera investigadoras e investigadores novos, galard\u00f3ns que nacen co obxectivo de impulsar a investigaci\u00f3n cient\u00edfica en Galicia, dando reco\u00f1ecemento e potenciando as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a s\u00faa carreira en centros desta comunidade, contribu\u00edndo ao impulso do co\u00f1ecemento cient\u00edfico como motor de progreso.<\/p>\n<p>Investigadora do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas do Cintecx e profesora do Departamento de Enxe\u00f1ar\u00eda dos materiais, mec\u00e1nica aplicada e construci\u00f3n e investigadora, Riveiro (Cotobade, 1983) recibiu o premio na categor\u00eda de Ciencias T\u00e9cnicas polo seu labor na avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil para previr colapsos en pontes, estradas e v\u00edas f\u00e9rreas.<\/p>\n<h3>\u201cRecibo este premio como un impulso para seguir apostando pola ciencia\u201d<\/h3>\n<p>Neste senso, dende a organizaci\u00f3n dos premios destacaron como a investigadora viguesa lidera novidosas li\u00f1as de investigaci\u00f3n que combinan a enxe\u00f1ar\u00eda estrutural, a teledetecci\u00f3n e a intelixencia artificial para a avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil, facendo especial fincap\u00e9 en que as s\u00faas tecnolox\u00edas permiten diagnosticar a sa\u00fade destas estruturas, axudando as\u00ed a anticipar a aparici\u00f3n de posibles colapsos.<\/p>\n<p> \u201c\u00c9 moi importante que se visibilice o talento e a excelencia dos investigadores durante a etapa na que, quizais, se realizan os maiores esforzos por chegar a consolidar unha carreira. Como muller que trata de compatibilizar a investigaci\u00f3n coa maternidade, recibo este premio como un impulso para seguir apostando pola ciencia\u201d -manifestou a docente tras recoller o premio. Valora, ademais, como \u201cunha honra\u201d recibir o reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa traxectoria por parte dunha instituci\u00f3n \u201ctan prestixiosa como \u00e9 a RAGC\u201d.<\/p>\n<h3>Premios que son \u201cproba evidente da forza da ciencia en feminino\u201d<\/h3>\n<p>A entrega de premios contou coa participaci\u00f3n do presidente da RAGC, Juan Lema,  e o reitor da UIE, Miguel \u00c1ngel Escotet xunto a outros membros de ambos os dous organismos. Asistiron ademais o conselleiro de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora xeral de Formaci\u00f3n Profesional, Mar\u00eda Eugenia P\u00e9rez; a directora xeral de Promoci\u00f3n da Igualdade, Mar\u00eda Quintiana; o secretario xeral de Universidades, Jos\u00e9 Alberto D\u00edez; o director da ACSUG, Eduardo L\u00f3pez; as\u00ed como representantes doutras entidades pol\u00edticas, culturais e acad\u00e9micas galegas.<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Juan Lema declarou que \u201ccon estes premios tratamos de visualizar e impulsar a carreira das investigadoras e investigadores con maior proxecci\u00f3n e que liderar\u00e1n a investigaci\u00f3n nos vindeiros anos en Galicia\u201d. Nesta li\u00f1a, salientou que \u201cos curr\u00edculos das m\u00e1is das 60 candidaturas presentadas son realmente brillantes e permiten ser moi optimistas en canto \u00e1 evoluci\u00f3n da investigaci\u00f3n na nosa comunidade. Ademais, o resultado desta primeira convocatoria \u00e9 unha proba evidente da forza da ciencia en feminino\u201d. <\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, Miguel \u00c1ngel Escotet declarou que estas distinci\u00f3ns \u201cconstr\u00faense coa intenci\u00f3n de reco\u00f1ecer e fomentar o traballo das persoas investigadoras m\u00e1is novas, promovendo o co\u00f1ecemento cient\u00edfico\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Polo seu labor na avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil para previr colapsos en pontes<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":257509,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-257507","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257507","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=257507"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257507\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":257508,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257507\/revisions\/257508"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/257509"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=257507"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=257507"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=257507"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}