{"id":256811,"date":"2024-11-26T16:10:41","date_gmt":"2024-11-26T15:10:41","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=256811"},"modified":"2024-11-26T16:10:41","modified_gmt":"2024-11-26T15:10:41","slug":"belen-riveiro-premio-ragc-uie-para-investigadoras-e-investigadores-novos-no-eido-das-ciencias-tecnicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/belen-riveiro-premio-ragc-uie-para-investigadoras-e-investigadores-novos-no-eido-das-ciencias-tecnicas\/","title":{"rendered":"Bel\u00e9n Riveiro, premio RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novos no eido das Ciencias T\u00e9cnicas"},"content":{"rendered":"<p>DUVI  26\/11\/2024<br \/>\nA Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa acaban de resolver a primeira edici\u00f3n dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novos. A profesora da Universidade de Vigo Bel\u00e9n Riveiro \u00e9 unhas sete mulleres distinguidas con estes galard\u00f3ns, que nacen co obxectivo de impulsar a investigaci\u00f3n cient\u00edfica en Galicia, dando reco\u00f1ecemento e potenciando as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a s\u00faa carreira en centros da comunidade, contribu\u00edndo ao impulso do co\u00f1ecemento cient\u00edfico como motor de progreso. <\/p>\n<p>Riveiro, profesora do Departamento de Enxe\u00f1ar\u00eda dos materiais, mec\u00e1nica aplicada e construci\u00f3n e investigadora do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas do Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, foi distinguida polas s\u00faas achegas ao avance das Ciencias T\u00e9cnicas, en concreto polo seu labor na avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil para previr colapsos en pontes, estradas e v\u00edas f\u00e9rreas.<\/p>\n<p>\u201cPara min \u00e9 unha honra recibir o reco\u00f1ecemento \u00e1 mi\u00f1a traxectoria por parte dunha instituci\u00f3n tan prestixiosa como \u00e9 a RAGC. Par\u00e9ceme moi importante a existencia de iniciativas que traten de visibilizar o talento e a excelencia dos investigadores durante a etapa na que, quizais, se realizan os maiores esforzos por chegar a consolidar unha carreira acad\u00e9mica excelente\u201d. Ademais, engade, \u201ccomo muller que trata de compatibilizar a carreira acad\u00e9mica coa maternidade, recibo este premio como un impulso para seguir apostando pola ciencia excelente\u201d.<\/p>\n<h3>Intelixencia artificial para diagnosticar a sa\u00fade das estruturas civ\u00eds<\/h3>\n<p>O xurado apostou pola candidatura de Bel\u00e9n Riveiro por liderar novidosas li\u00f1as de investigaci\u00f3n que combinan a enxe\u00f1ar\u00eda estrutural, a teledetecci\u00f3n e a intelixencia artificial para a avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil como pontes, estradas e v\u00edas f\u00e9rreas, permitindo diagnosticar a s\u00faa sa\u00fade e poder as\u00ed anticipar a aparici\u00f3n de posibles colapsos. Riveiro participa en proxectos nacionais e internacionais e ten publicado os seus resultados en revistas como Nature, que recolleu un traballo seu sobre os riscos aos que se enfrontan as pontes. Recibiu en 2022 o Premio Nacional de Investigaci\u00f3n Matilde Ucelay para novos investigadores e \u00e9 autora de seis patentes e catro rexistros de software e o financiamento captado como investigadora principal supera os 5,5 mill\u00f3ns de euros. O seu prestixio nacional e internacional levouna a coordinar a Red Nacional en monitorizaci\u00f3n e inspecci\u00f3n para la evaluaci\u00f3n de estructuras en servicio, que aglutina os grupos de investigaci\u00f3n m\u00e1is reco\u00f1ecidos en Espa\u00f1a neste eido para evitar colapsos. Destaca as\u00ed mesmo a s\u00faa dedicaci\u00f3n \u00e1 divulgaci\u00f3n cient\u00edfica, especialmente enfocada a remarcar o papel da muller nos campos m\u00e1is masculinizados.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Galardoada Polo seu labor na avaliaci\u00f3n de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil para previr colapsos en pontes<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":256812,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-256811","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=256811"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256811\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":256815,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256811\/revisions\/256815"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/256812"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=256811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=256811"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=256811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}