{"id":256495,"date":"2024-10-16T12:05:30","date_gmt":"2024-10-16T10:05:30","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=256495"},"modified":"2024-10-16T12:06:44","modified_gmt":"2024-10-16T10:06:44","slug":"a-uvigo-capta-mais-de-5-millons-de-euros-para-grupos-unidades-de-investigacion-e-persoal-investigador-con-traxectoria-excelente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/a-uvigo-capta-mais-de-5-millons-de-euros-para-grupos-unidades-de-investigacion-e-persoal-investigador-con-traxectoria-excelente\/","title":{"rendered":"A UVigo capta m\u00e1is de 5 mill\u00f3ns de euros para grupos, unidades de investigaci\u00f3n e persoal investigador con traxectoria excelente"},"content":{"rendered":"<h3>Os grupos GTE e XEOTECH reciben a cont\u00eda m\u00e1xima da axuda aos Grupos de Referencia Competitiva, chegando case ao mill\u00f3n de euros, e o grupo ENCOMAT a axuda aos Grupos con Potencial de Crecemento. Adem\u00e1s dous investigadores do grupo XEOTECH acadan a axuda ao Persoal Investigador con Traxectoria Excelente para o desenvolvemento dos seus proxectos propios: Jes\u00fas Balado e Mario Soil\u00e1n<\/h3>\n<p>DUVI  15\/10\/2024<br \/>\nA Universidade de Vigo acadou este ano m\u00e1is de 5 mill\u00f3ns de euros da convocatoria de axudas para a consolidaci\u00f3n e estruturaci\u00f3n de unidades de investigaci\u00f3n competitivas e outras acci\u00f3ns de fomento nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e outras entidades do sistema galego de I+D+i realizada pola Xunta de Galicia. Convocadas a trav\u00e9s da Conseller\u00eda de Cultura, Educaci\u00f3n, Formaci\u00f3n Profesional e Universidades, estas axudas div\u00eddense en tres modalidades: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial crecemento e persoal investigador con traxectoria excelente. Dependendo das publicaci\u00f3ns, patentes, teses dirixidas e proxectos acadados nos \u00faltimos tres anos, as\u00ed como do prestixio acumulado, os diferentes grupos e o persoal investigador optaron a diferentes apoios econ\u00f3micos establecidos entre os 90.000 e 400.000 euros.<\/p>\n<p>A maior\u00eda dos grupos financiados da UVigo est\u00e1n vinculados aos seus centros e institutos de investigaci\u00f3n, o que, a xu\u00edzo da vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n, Bel\u00e9n Rubio, \u201camosa a fortaleza e excelencia dos mesmos\u201d. O mesmo acontece coas axudas para o persoal con traxectoria excelente, concedidas neste caso a seis investigadoras e seis investigadores Ram\u00f3n y Cajal adscritos aos diferentes centros e institutos, con especial \u00e9xito do Instituto de Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n, algo que a vicerreitora relaciona co feito de que a Universidade de Vigo at\u00f3pase no posto 15 do mundo en Ciencia e Tecnolox\u00eda dos Alimentos no r\u00e1nking de Shanghai por materias e, neste sentido, \u201co talento chama ao talento\u201d, e a aspiraci\u00f3n \u00e9 que nuns anos o IAA  \u201cse converta tam\u00e9n nun centro de excelencia\u201d.<\/p>\n<h3>2,9 mill\u00f3ns para 11 Grupos de Referencia Competitiva<\/h3>\n<p>A modalidade cunha maior dotaci\u00f3n econ\u00f3mica \u00e9 a de Grupos de Referencia Competitiva (GRC). Neste caso, recibir\u00e1n esta axuda 11 grupos de investigaci\u00f3n, obt\u00e9ndose en total 2.960.000 euros, con axudas por grupo que van dos 200.000 aos 400.000 euros.<\/p>\n<p>Os grupos que acadaron un maior financiamento, 400.000 euros, son dous equipos adscritos ao Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx  -Xeotecnolox\u00edas Aplicada, dirixido por Henrique Lorenzo Cimadevila, e Tecnolox\u00edas Enerx\u00e9ticas, por Jos\u00e9 Luis M\u00edguez Tabar\u00e9s-, as\u00ed como o grupo NanoBio Materiais Funcionais, liderado pola profesora Isabel Pastoriza Santos e pertencente ao CINBIO, o Centro de investigaci\u00f3n en Nanomateriais e Biomedicina.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, tam\u00e9n resultaron beneficiados, neste caso con 280.000 euros, o grupo de Xen\u00e9tica de Poboaci\u00f3ns e Citoxen\u00e9tica do profesor Armando Caballero, adscrito ao Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a, CIM, e o de Sistemas de Radio, dirixido polo profesor Manuel Garc\u00eda S\u00e1nchez, e adscrito a atlanTTic, o Centro de investigaci\u00f3n en tecnolox\u00edas de telecomunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Completan a listaxe de grupos beneficiados, con 200.000 euros cada un deles, o Grupo de Investigaci\u00f3n en Estudos Literarios e Culturais, Traduci\u00f3n e Interpretaci\u00f3n, BiFeGa, coordinado polo profesor Burghard Baltrusch e adscrito ao CISPAC, Centro de investigaci\u00f3n interuniversitario nas paisaxes atl\u00e1nticas culturais; Inferencia Estat\u00edstica, Decisi\u00f3n e Investigaci\u00f3n Operativa, dirixido polo profesor da Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Industrial Jacobo de U\u00f1a;  BiotecnIA_Biotecnolox\u00eda Industrial e Enxe\u00f1ar\u00eda Ambiental, da Facultade de Ciencias e dirixido por Jos\u00e9 Manuel Dom\u00ednguez; e Qu\u00edmica Cu\u00e1ntica, adscrito neste caso \u00e1 Facultade de Qu\u00edmica e liderado pola profesora Ana Gra\u00f1a.<\/p>\n<h3>Un mill\u00f3n de euros  para os Grupos con Potencial Crecemento <\/h3>\n<p>No relativo \u00e1s axudas para Grupos con Potencial Crecemento o financiamento acadado roza o mill\u00f3n de euros, variando as axudas entre os 90.000 e os 120.000 euros e resultando beneficiados equipos de investigaci\u00f3n dos tres campus. Neste caso os grupos que acadaron un maior financiamento foron o Grupo de Tecnolox\u00edas Multimedia, de Carmen Garc\u00eda Mateo, e o  Grupo de Servizos para a Sociedade da Informaci\u00f3n, de Alberto Gil Solla, pertencentes ambos a atlanTTic, e o grupo Encomat, Enxe\u00f1ar\u00eda da Corrosi\u00f3n e Materiais, do profesor Xos\u00e9 Ram\u00f3n Novoa, de Cintecx.<\/p>\n<p>O resto de grupos acadaron cada un deles 90.000 euros. Do CINBIO recibir\u00e1n financiamento os grupos das profesoras \u00c1frica Gonz\u00e1lez -Inmunolox\u00eda- e Ver\u00f3nica Salgueiri\u00f1os -Nanomateriais H\u00edbridos- e, de atlanTTic, o grupo Information and Computing Laboratory, de Rebeca D\u00edaz. Tam\u00e9n no campus de Vigo beneficiouse  o grupo AgroBioTech for Health, liderado polo profesor da Facultade de Biolox\u00eda, Pedro Pablo Gallego Veigas.<\/p>\n<p>No campus de Ourense benefici\u00e1ronse a  Agrupaci\u00f3n Grupos de Investigaci\u00f3n de Dereito Administrativo e Filosof\u00eda do Dereito, AGAF, dirixida por Pablo Ra\u00fal Bonorino, do Instituto de Xustiza e X\u00e9nero, e o Grupo de Enxe\u00f1ar\u00eda F\u00edsica, dirixido por Humberto Michinel, do  Instituto de F\u00edsica e Ciencias Aeroespaciais. En Pontevedra a beneficiada \u00e9 a profesora Ana Bel\u00e9n Fern\u00e1ndez Souto, coordinadora do grupo Comunicaci\u00f3n Persuasiva na Facultade de Comunicaci\u00f3n do campus CREA.<\/p>\n<h3>1,2 mill\u00f3ns para financiar \u2018traxectorias excelentes\u2019<\/h3>\n<p>No caso da modalidade de persoal investigador con traxectoria excelente houbo 12 subvenci\u00f3ns por valor de 1.205.000 euros. Tr\u00e1tase dunha ducia de investigadores -seis homes e seis mulleres- Ram\u00f3n y Cajal que levan a cabo o seu labor nos campus de Vigo e Ourense.<\/p>\n<p>No campus de Vigo conseguiron a axuda: Bego\u00f1a Pu\u00e9rtolas e Lucas V\u00e1zquez, do CINBIO; Jes\u00fas Balado, do Cintecx; Estefan\u00eda Paredes, do CIM; Marta Costas, da Facultade de Qu\u00edmica; Mario Soil\u00e1n, da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e da Enerx\u00eda, e Pablo Breog\u00e1n S\u00e1nchez, da Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Industrial.<\/p>\n<p>En Ourense as axudas son para cinco investigadores adscritos ao Instituto Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n: Daniel Arenas, M\u00aa Paz Otero, Rosa M\u00aa P\u00e9rez, Patricia Reboredo e Rogert Sori.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CINTECX capta preto do 30% destas axudas, nos grupos GTE, XEOTECH, ENCOMAT e duas traxectorias excelentes<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":256496,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-256495","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256495","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=256495"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256495\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":256501,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/256495\/revisions\/256501"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/256496"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=256495"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=256495"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=256495"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}