{"id":253709,"date":"2024-06-18T14:51:52","date_gmt":"2024-06-18T12:51:52","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253709"},"modified":"2024-06-18T14:51:52","modified_gmt":"2024-06-18T12:51:52","slug":"26-millons-de-euros-e-dous-anos-por-diante-para-desenar-unha-solucion-galega-ao-reto-da-descarbonizacion-do-transporte-maritimo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/26-millons-de-euros-e-dous-anos-por-diante-para-desenar-unha-solucion-galega-ao-reto-da-descarbonizacion-do-transporte-maritimo\/","title":{"rendered":"2,6 mill\u00f3ns de euros e dous anos por diante para dese\u00f1ar unha soluci\u00f3n galega ao reto da descarbonizaci\u00f3n do transporte mar\u00edtimo"},"content":{"rendered":"<h3>Arranca Fisterra, un proxecto p\u00fablico-privado entre Norvento, CTAG e investigadores do grupo APET de CINTECX-UVigo<\/h3>\n<p>DUVI  18\/06\/2024<br \/>\nNorvento, o Centro Tecnol\u00f3xico de Automoci\u00f3n de Galicia (CTAG) e o grupo de investigaci\u00f3n Applied Power Electronics Technology do Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, presentaron este martes en Lugo o proxecto de investigaci\u00f3n Fisterra (F\u00e1brica Intelixente e Sustentable mediante Electr\u00f3nica de Potencia Avanzada e Realidade Aumentada), unha forte aposta pola innovaci\u00f3n p\u00fablico-privada coa que se tratar\u00e1 de achegar unha soluci\u00f3n galega  ao reto da descarbonizaci\u00f3n do transporte mar\u00edtimo.<\/p>\n<p>O proxecto, cofinanciado pola Uni\u00f3n Europea, est\u00e1 dotado con 2,6  mill\u00f3ns de euros, dos que a Axencia Galega de Innovaci\u00f3n da Xunta de Galicia achega o 60%. Tr\u00e1tase, tal e como se explicou na presentaci\u00f3n, dunha iniciativa coa que se busca desenvolver e fabricar desde Galicia un convertedor de electr\u00f3nica de potencia que permitir\u00e1 reducir drasticamente o consumo de combustibles f\u00f3siles nos barcos durante a s\u00faa chegada, atraque e sa\u00edda dos portos, unha cuesti\u00f3n de elevada importancia dado que o 80% do transporte de mercador\u00edas ten lugar por mar e sup\u00f3n o 15% das emisi\u00f3ns anuais de \u00f3xido de nitr\u00f3xeno (NOx) e o 13% das de \u00f3xido de xofre (SOx).<\/p>\n<h3>Tres socios: Norvento, CTAG e UVigo<\/h3>\n<p>O acto de presentaci\u00f3n do proxecto, celebrado no edificio CIne de Norvento, intervi\u00f1eron representantes das tres entidades socias para explicar en que consistir\u00e1 o seu traballo. Adri\u00e1n Capel\u00e1n, subdirector de Tecnolox\u00eda en Norvento, destacou que a empresa encargarase da investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n dun convertedor que incremente notablemente a potencia dos existentes no mercado nos seus centros de fabricaci\u00f3n situados en Lugo.<\/p>\n<p>O obxectivo principal da UVigo, cuxas li\u00f1as de acci\u00f3n neste proxecto foron explicadas por Daniel Villanueva, director do Campus Tecnol\u00f3xico da instituci\u00f3n acad\u00e9mica viguesa, ser\u00e1 o desenvolvemento de estratexias de control para convertedores electr\u00f3nicos de potencia utilizados en aplicaci\u00f3ns de subministraci\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica a barcos cando est\u00e1n en porto. Mediante o uso destas estratexias, pret\u00e9ndese mellorar o rendemento, a robustez, a tolerancia a faltas e a resposta din\u00e1mica das instalaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>O CTAG, segundo detallou V\u00edctor Alonso, director adxunto de Manufacturing &#038; Dixital Transformation da entidade, encargarase da implementaci\u00f3n dun xemelgo dixital para o dese\u00f1o dunha li\u00f1a de produci\u00f3n que permita a creaci\u00f3n de procesos de fabricaci\u00f3n desde cero e ver como interactuar\u00e1n co mundo real simulando distintos escenarios. Desta forma optim\u00edzanse tempos e custos e inc\u00eddese na sustentabilidade, ao traballar desde unha contorna virtual de probas.<\/p>\n<h3>O novo sistema estar\u00e1 listo en 2026 e ter\u00e1 aplicaci\u00f3ns noutros sectores<\/h3>\n<p>O proxecto dividirase en catro fases que se desenvolver\u00e1n entre 2024 e 2026, dando lugar a diferentes fitos dentro dun proceso iterativo. En primeiro termo, investigarase o estado da arte en convertedores multimegavatio, para alcanzar un consenso com\u00fan entre os socios do prototipo final esperado. Na segunda etapa crearase un xemelgo dixital e dese\u00f1arase o primeiro convertedor de proba, mentres que na terceira fase avaliaranse os casos de uso e implementarase o xemelgo dixital creado no segundo fito. Por \u00faltimo, validarase o prototipo nunha contorna controlada e manufacturaranse os convertedores mediante t\u00e9cnicas de f\u00e1brica intelixente.<\/p>\n<p>A\u00ednda que este avance est\u00e1 pensado para o seu uso en transporte mar\u00edtimo, os seus beneficios poden reverter noutros sectores. O sector enerx\u00e9tico poder\u00e1 conseguir maior autonom\u00eda na subministraci\u00f3n e fabricaci\u00f3n de elementos cr\u00edticos no desenvolvemento de proxectos enerx\u00e9ticos. En particular no \u00e1mbito portuario, de produci\u00f3n de hidr\u00f3xeno verde e o aproveitamento da rede de catenarias para o despregamento de infraestrutura de recarga ultrarr\u00e1pida en veh\u00edculos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Arranca Fisterra, un proxecto p\u00fablico-privado entre Norvento, CTAG e investigadores do grupo APET de CINTECX-UVigo DUVI 18\/06\/2024 Norvento, o Centro Tecnol\u00f3xico de Automoci\u00f3n de Galicia &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/26-millons-de-euros-e-dous-anos-por-diante-para-desenar-unha-solucion-galega-ao-reto-da-descarbonizacion-do-transporte-maritimo\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253710,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253709","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253709","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253709"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253709\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253713,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253709\/revisions\/253713"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253710"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253709"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253709"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253709"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}