{"id":253652,"date":"2024-06-17T13:08:53","date_gmt":"2024-06-17T11:08:53","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253652"},"modified":"2024-06-17T13:08:53","modified_gmt":"2024-06-17T11:08:53","slug":"investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-europeo-para-reducir-e-reciclar-materiais-de-construcion-desde-a-fase-previa-a-demolicion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-europeo-para-reducir-e-reciclar-materiais-de-construcion-desde-a-fase-previa-a-demolicion\/","title":{"rendered":"Investigadores de Cintecx lideran un proxecto europeo para reducir e reciclar materiais de construci\u00f3n desde a fase previa \u00e1 demolici\u00f3n"},"content":{"rendered":"<h3>Co obxectivo de diminu\u00edr a cantidade de residuos e fomentar pr\u00e1cticas circulares o proxecto SUM4Re ten un orzamento de 6,5 mill\u00f3ns de euros e agrupa socios de nove pa\u00edses <\/h3>\n<p>M\u00aa DEL CARMEN ECHEVARR\u00cdA FIGUEROA  DUVI  13\/06\/2024<br \/>\nOs residuos de construci\u00f3n e demolici\u00f3n, exclu\u00eddos os de miner\u00eda, representan o maior fluxo de refugallos da UE en n\u00famero de toneladas totais. Concretamente no ano 2020, a cantidade total de residuos de construci\u00f3n e demolici\u00f3n nos pa\u00edses da Uni\u00f3n Europea foi de 330 mill\u00f3ns de toneladas (Mt), exclu\u00eddas escavaci\u00f3ns e actividades de dragado, ao tempo que o uso intensivo de materias primas no sector da construci\u00f3n representa m\u00e1is do 40% das emisi\u00f3ns de gases de efecto invernadoiro, se se contabiliza o uso de materiais primarios, ameazados pola s\u00faa escaseza, alto valor econ\u00f3mico e pegada ambiental. <\/p>\n<p>A\u00ednda que a taxa de recuperaci\u00f3n dos residuos de construci\u00f3n e demolici\u00f3n na UE \u00e9 alta, estes restos, non obstante, util\u00edzanse principalmente en aplicaci\u00f3ns de baixo valor engadido, como recheos e outros sistemas de construci\u00f3n de baixo valor. \u201cTodos, ou case todos, os subprodutos da construci\u00f3n poden ser reciclados, a clave \u00e9 o custo destes materiais secundarios cando chegan o mercado, de xeito que non sexa superior ao dos materiais primarios baseados en consumo de novas materias primas\u201d, explica o catedr\u00e1tico da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e Enerx\u00eda da UVigo e investigador de Cintecx Pedro Arias S\u00e1nchez, que tam\u00e9n confirma que a tecnolox\u00eda est\u00e1 m\u00e1is desenvolvida para a elaboraci\u00f3n de produtos a partir de materias primas, que para materiais secundarios elaborados a partir de produtos da reciclaxe. En canto aos subprodutos con maior penetraci\u00f3n no mercado, estes var\u00edan en funci\u00f3n das zonas de Europa, condicionado polos materiais m\u00e1is demandados no \u00e1mbito da construci\u00f3n, a\u00ednda que Arias sinala que \u201cen termos de aforro de CO2, a reutilizaci\u00f3n dos residuos de formig\u00f3n \u00e9, con moito, o maior potencial de aforro, seguida da reciclaxe de aceiro, asfalto, madeira e PVC. Mentres, o 30% dos residuos da construci\u00f3n e demolici\u00f3n van o vertedoiro\u201d. <\/p>\n<p>\u00c9 neste escenario e ali\u00f1ado coa Axenda Verde que a UE est\u00e1 a promover nos \u00faltimos anos, no que bota a andar SUM4Re, Creating materials banks from digital urban mining (Creaci\u00f3n de bancos de materiais a partir de miner\u00eda urbana dixital), un proxecto de investigaci\u00f3n, liderado pola UVigo e no que participan socios de nove pa\u00edses europeos. Financiado con seis mill\u00f3ns de euros e un presuposto total de seis mill\u00f3ns e medio, a trav\u00e9s do programa Horizonte Europa, SUM4Re ten o triplo obxectivo de reducir os residuos, reciclar materiais e revalorizar estes subprodutos no \u00e1mbito da construci\u00f3n como materiais secundarios, cun matiz clave, \u201cque todos estes obxectivos son dirixidos \u00e1s construci\u00f3ns e infraestructuras constru\u00eddas en fase previa \u00e1s acci\u00f3ns de demolici\u00f3n ou desmantelamento, de xeito que este proceso se planifique e dese\u00f1e mantendo o obxectivo de reduci\u00f3n de residuos e fomento das pr\u00e1cticas de construci\u00f3n circular\u201d, explica Pedro Arias, investigador principal (IP) do proxecto.<\/p>\n<h3>Demoler \u201cde xeito ordenado\u201d<\/h3>\n<p>Universidade de Vigo, Universidade de Ciencias Aplicadas de La Haya, Centro de Investigaci\u00f3n T\u00e9cnica de Finlandia VTT. Fundaci\u00f3n Tecnalia e o concello da Haya, son as instituci\u00f3ns que participan neste proxecto, que conta ademais cun consorcio formado por 17 entidades do sector da construci\u00f3n de Noruega, Pa\u00edses Baixos, Espa\u00f1a, Alema\u00f1a, B\u00e9lxica, Estonia e Su\u00edza, \u201cun indicador claro do interese do proxecto, que esperemos axude a estimular o sector empresarial para que a UE siga a ser un referente neste \u00e1mbito a nivel mundial\u201d, sinala o IP do proxecto, que incide na relevancia do inicio das acci\u00f3ns da reduci\u00f3n de residuos, reciclado e revalorizaci\u00f3n dos subprodutos dende fases moi temper\u00e1s e de xeito previo aos procesos de demolici\u00f3n ou desmontaxe de infraestruturas constru\u00eddas existentes.<\/p>\n<p>\u201cA hip\u00f3tese inicial \u00e9 que se tes localizados, caracterizados e cuantificados os materiais, a demolici\u00f3n (ou rehabilitaci\u00f3n, ou desmantelamento) vaise poder facer de xeito \u2018ordenado\u2019 para que se poidan incrementar as taxas de recuperaci\u00f3n do material e con menor custo de procesado posterior, para a s\u00faa transformaci\u00f3n en materiais secundarios\u201d, detalla Pedro Arias, que traballar\u00e1 neste proxecto xunto aos investigadores e investigadoras do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas. O grupo da UVigo contar\u00e1 para desenvolver a s\u00faa actividade co 15,4% do total do orzamento do proxecto, 922.500 euros, o que lles permitir\u00e1 \u201cabordar a concepci\u00f3n do problema dende as fases iniciais previas \u00e1 demolici\u00f3n\u201d, explica o IP.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co obxectivo de diminu\u00edr a cantidade de residuos e fomentar pr\u00e1cticas circulares o proxecto SUM4Re ten un orzamento de 6,5 mill\u00f3ns de euros e agrupa &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-europeo-para-reducir-e-reciclar-materiais-de-construcion-desde-a-fase-previa-a-demolicion\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253680,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253652"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253696,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253652\/revisions\/253696"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253680"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}