{"id":253560,"date":"2024-06-06T13:14:36","date_gmt":"2024-06-06T11:14:36","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253560"},"modified":"2024-06-14T13:15:21","modified_gmt":"2024-06-14T11:15:21","slug":"a-investigacion-de-cintecx-sae-a-rua-para-que-afloren-as-vocacions-cientificas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/a-investigacion-de-cintecx-sae-a-rua-para-que-afloren-as-vocacions-cientificas\/","title":{"rendered":"A investigaci\u00f3n de CINTECX sae \u00e1 r\u00faa para que afloren as vocaci\u00f3ns cient\u00edficas"},"content":{"rendered":"<h3>Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+i), esta feira ins\u00edrese no programa anual de actividades 2023\/2024 do plan de Ciencia de Ida e Volta e conta co financiamento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y la Tecnolog\u00eda (FECYT) \u2013 Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades e da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, as\u00ed como coa colaboraci\u00f3n do Concello.<\/h3>\n<p>DUVI PONTEVEDRA  31\/05\/2024<br \/>\nSintetizar part\u00edculas nanovalentes de ferro con t\u00e9 negro e achegarse \u00e1 s\u00faa utilizaci\u00f3n para a degradaci\u00f3n de contaminantes ou observar dispositivos biom\u00e9dicos a gran escala e monitorizar o transporte a partir de datos obtidos cun l\u00e1ser esc\u00e1ner.  Estas son algunhas das propostas que a Universidade de Vigo despregou este venres na praza de Ferrar\u00eda de Pontevedra, na expo-feira A ciencia que v\u00e9n, na que 14 grupos de investigaci\u00f3n deron a co\u00f1ecer as s\u00faas li\u00f1as de traballo a trav\u00e9s de obradoiros e actividades dirixidas a un p\u00fablico familiar. Contribu\u00edr ao fomento de vocaci\u00f3ns cient\u00edficas entre as novas xeraci\u00f3ns, as\u00ed como achegar \u00e1 cidadan\u00eda o traballo do persoal investigador eran os obxectivos dun evento que arrancou pola ma\u00f1\u00e1 coa visita de preto de 150 escolares dos CEIP Froebel e Barcelos, abr\u00edndose pola tarde ao p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p>Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+i), esta feira ins\u00edrese no programa anual de actividades 2023\/2024 do plan de Ciencia de Ida e Volta e conta co financiamento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y la Tecnolog\u00eda (FECYT) \u2013 Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades e da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, as\u00ed como coa colaboraci\u00f3n do Concello. Despois de desenvolver en Vigo as s\u00faas primeiras edici\u00f3ns, a feira traslad\u00e1base neste 2024 a Pontevedra, onde era inaugurada na tarde deste venres por Bel\u00e9n Rubio, vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n; M\u00f3nica Valderrama, vicerreitora de Comunicaci\u00f3n e Relaci\u00f3ns Institucionais; Eva Mar\u00eda Lantar\u00f3n, vicerreitora do campus de Pontevedra; Sandra Bastos, deputada provincial, e Demetrio G\u00f3mez, concelleiro de Educaci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Propostas divulgativas e l\u00fadicas para todos os p\u00fablicos<\/h3>\n<p>Con actividades dirixidas tanto \u00e1 infancia e mocidade como a un p\u00fablico familiar, estas 14 carpas permitiron visualizar o ADN a partir dun anaco de pl\u00e1tano, nun taller do grupo de investigaci\u00f3n en Filoxen\u00f3mica do CINBIO; ou adquirir noci\u00f3ns b\u00e1sicas de lingua de signos espa\u00f1ola e co\u00f1ecer o contexto social e cultural da comunidade xorda, da man do grupo Griles. As e os visitantes puideron tam\u00e9n sintetizar part\u00edculas nanovalentes de ferro con t\u00e9 negro e achegarse \u00e1 s\u00faa utilizaci\u00f3n para a degradaci\u00f3n de contaminantes, co grupo Biosuv; mentres que o Grupo de Tecnolox\u00eda Enerx\u00e9tica do Cintexc convidounos a localizar puntos quentes e fr\u00edos ou perdas enerx\u00e9ticas cunha c\u00e1mara termogr\u00e1fica. <\/p>\n<p>Combinando divulgaci\u00f3n e diversi\u00f3n, propostas como as do Mapas Lab permitiron a nenos e nenas achegarse \u00e1 paleontolox\u00eda pintando r\u00e9plicas de f\u00f3siles e co\u00f1ecer a bioxeograf\u00eda convert\u00e9ndose nun animal nun xogo de supervivencia. O Grupo de Ecolox\u00eda Animal buscou que co\u00f1ecesen a biodiversidade do solo a trav\u00e9s dunha piscina de bolas, mentres que o Post-Growth Inovation Lab animou \u00e1s e aos participantes a crear pezas art\u00edsticas que promovesen a concienciaci\u00f3n ambiental e o grupo XB2 do CIM levounos a crear unha dobre h\u00e9lice de AND con gominolas. A ciencia que v\u00e9n permitiu tam\u00e9n observar exposici\u00f3ns de biomateriais e dispositivos biom\u00e9dicos, no posto do Grupo de Novos Materiais do Cintecx, e maquetas a escala real que permit\u00edan co\u00f1ecer os subsistemas internos dun sat\u00e9llite, da man do Grupo de Tecnolox\u00eda Aeroespacial de atlanTTic.<\/p>\n<p>Os diferentes postos permitiron as\u00ed mesmo dar a co\u00f1ecer li\u00f1as e proxectos de investigaci\u00f3n como Agrosus, do grupo BEV1, que propu\u00f1a unha viaxe interactiva a trav\u00e9s das 11 rexi\u00f3ns bioxeogr\u00e1ficas de Europa, na que co\u00f1ecer estratexias ecol\u00f3xicas que permitan acadar unha agricultura sostible, complementada por actividades como un taller de sementeira de trigo. O grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas, do Cintexc, mostrou un software para o procesamento de datos obtidos cun l\u00e1ser esc\u00e1ner centrado na monitorizaci\u00f3n do transporte, unha ferramenta para o seguimento da sa\u00fade de infraestruras hist\u00f3ricas e un proxecto sobre ferramentas avanzadas de dixitalizaci\u00f3n para a planificaci\u00f3n integrada de construci\u00f3ns ao final da s\u00faa vida \u00fatil. Con esa mesma idea, o grupo BiotecnIA promoveu actividades centradas en d\u00faas li\u00f1as de investigaci\u00f3n, o aproveitamento de residuos industriais e a obtenci\u00f3n de produtos de alto valor a partir de insectos comestibles.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+i), esta feira ins\u00edrese no programa anual de actividades 2023\/2024 do plan de Ciencia de Ida &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/a-investigacion-de-cintecx-sae-a-rua-para-que-afloren-as-vocacions-cientificas\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253561,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253560","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253560","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253560"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253560\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253565,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253560\/revisions\/253565"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253561"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253560"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253560"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253560"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}