{"id":253197,"date":"2024-06-06T11:38:40","date_gmt":"2024-06-06T09:38:40","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253197"},"modified":"2024-06-06T11:39:49","modified_gmt":"2024-06-06T09:39:49","slug":"un-equipo-de-investigadores-de-cintecx-desena-unha-plataforma-de-apoio-a-toma-de-decisions-para-a-prevencion-de-incendios-forestais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/un-equipo-de-investigadores-de-cintecx-desena-unha-plataforma-de-apoio-a-toma-de-decisions-para-a-prevencion-de-incendios-forestais\/","title":{"rendered":"Un equipo de investigadores de CINTECX dese\u00f1a unha plataforma de apoio \u00e1 toma de decisi\u00f3ns para a prevenci\u00f3n de incendios forestais"},"content":{"rendered":"<h3>Procesa informaci\u00f3n sobre a sa\u00fade e estrutura das \u00e1rbores e o risco de lumes, a partir dos datos obtidos cun esc\u00e1ner l\u00e1ser multiespectral m\u00f3bil, no marco dun proxecto europeo<\/h3>\n<p>DUVI PONTEVEDRA  30\/05\/2024<br \/>\nSeleccionado na convocatoria europea CHIST-ERA, o grupo de investigaci\u00f3n en Xeotecnolox\u00edas Aplicadas (GeoTech) de CINTECX, e investigadores e investigadoras da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Forestal traballaron ao longo dos \u00faltimos tres anos no proxecto <em>4Map4Health<\/em>, liderado polo Instituto de Investigaci\u00f3n Xeoespacial de Finlandia. Financiado con preto dun mill\u00f3n de euros nesta convocatoria comunitaria, o punto de partida deste proxecto foi o dese\u00f1o por parte do instituto fin\u00e9s do primeiro esc\u00e1ner l\u00e1ser multiespectral m\u00f3bil. O seu obxectivo central era p\u00f3r a proba a efectividade desta tecnolox\u00eda \u00e1 hora de obter informaci\u00f3n sobre a sa\u00fade das \u00e1rbores, a estrutura dos bosques e o risco de incendios forestais. Isto levou \u00e1 s\u00faa vez ao desenvolvemento de algoritmos para o tratamento dos datos obtidos no monte con esta tecnolox\u00eda, o que permitiu o equipo de CINTECX dese\u00f1ar, explican, \u201cunha plataforma baseada nos sistemas de informaci\u00f3n xeogr\u00e1fica\u201d, que procesa os datos obtidos, podendo servir como \u201cun sistema de axuda \u00e1 toma de decisi\u00f3ns na contorna forestal estudada\u201d, respecto de cuesti\u00f3ns como o risco de incendio forestal nunha determinada zona.<\/p>\n<p>Denominada <a href=\"https:\/\/storymaps.arcgis.com\/stories\/58301c5011744fb5aa45219b926af47d\">GIS-WEB<\/a>, esta plataforma integra \u201ccapas de informaci\u00f3n xeorreferenciada, onde se recollen as variables m\u00e1is importantes da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Ger\u00e9s-Xur\u00e9s\u201d, onde levaron a cabo os traballos de recollida de datos. Co catedr\u00e1tico Pedro Arias como investigador principal do proxecto na UVigo, <em>4Map4Health<\/em> (Mapping of forest health, species and forest fire risks using Novel Data and Approaches) contou coa participaci\u00f3n de investigadores e investigadoras de CINTECX e das escolas de Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e Enerx\u00eda e Enxe\u00f1ar\u00eda Forestal. Xunto \u00e1 instituci\u00f3n viguesa e o instituto fin\u00e9s, tomaron parte neste proxecto a Universidade T\u00e9cnica de Viena, a University of Life Sciences de Praga, a Universidade do Porto e a University of Natural Resources an Life Sciences de Viena. Conclu\u00eddo nas \u00faltimas semanas, <em>4Map4Health<\/em> foi seleccionado por un programa dirixido a promover investigaci\u00f3ns sobre tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n e da comunicaci\u00f3n emerxentes. \u201cResultar beneficiarios nesta convocatoria sup\u00f3n un respaldo \u00e1s li\u00f1as de investigaci\u00f3n, incrementando a visibilidade dos nosos traballos, as\u00ed como da propia UVigo\u201d, sinalan desde o grupo GeoTech, que coordinan Arias e o catedr\u00e1tico da EE Forestal Henrique Lorenzo.  <\/p>\n<h3>Avaliar a sa\u00fade das \u00e1rbores o risco de incendios<\/h3>\n<p>Como sinalan, o \u201creto investigador deste proxecto\u201d era procesar os datos de escaneado dos montes obtidos co \u201cesc\u00e1ner l\u00e1ser multespectral de alta resoluci\u00f3n\u201d no instituto fin\u00e9s, co prop\u00f3sito de realizar, en combinaci\u00f3n con \u201coutras fontes de datos\u201d, realizar un \u201cmapeado\u201d que abranguese \u201ctres vertentes importantes\u201d dos montes, a sa\u00fade das \u00e1rbores, a s\u00faa estrutura e o risco de incendios. A principal novidade que achega esta tecnolox\u00eda fronte os esc\u00e1neres l\u00e1ser multiespectrais a\u00e9reos, cun peso de m\u00e1is de 100 quilos, \u00e9 que se trata dun dispositivo m\u00f3bil e lixeiro, que permite \u201cmodelar a contorna forestal cun detalle substancialmente maior\u201d, explican. <\/p>\n<p>Nese senso, o proxecto buscaba analizar a capacidade desta tecnolox\u00eda para \u201cpredicir caracter\u00edsticas que po\u00f1en en perigo a sostibilidade do monte\u201d, sendo un dos factores centrais a medici\u00f3n dos niveis de humidades das masas forestais. Como explican, a \u201cresposta espectral\u201d que proporciona a tecnolox\u00eda LiDAR var\u00eda en funci\u00f3n deses niveis, o que fac\u00eda preciso \u201ccaracterizar esta resposta\u201d co obxectivo de obter informaci\u00f3n \u201csobre o estado da vexetaci\u00f3n que \u00e9 susceptible de arder\u201d. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Procesa informaci\u00f3n sobre a sa\u00fade e estrutura das \u00e1rbores e o risco de lumes, a partir dos datos obtidos cun esc\u00e1ner l\u00e1ser multiespectral m\u00f3bil, no &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/un-equipo-de-investigadores-de-cintecx-desena-unha-plataforma-de-apoio-a-toma-de-decisions-para-a-prevencion-de-incendios-forestais\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253198,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253197","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253197","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253197"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253197\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253204,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253197\/revisions\/253204"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253198"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253197"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253197"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253197"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}