{"id":253074,"date":"2024-05-23T19:17:20","date_gmt":"2024-05-23T17:17:20","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253074"},"modified":"2024-05-23T19:17:20","modified_gmt":"2024-05-23T17:17:20","slug":"cintecx-participa-con-3-stands-na-feira-a-ciencia-que-ven-que-celebrarase-por-primeira-vez-en-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-participa-con-3-stands-na-feira-a-ciencia-que-ven-que-celebrarase-por-primeira-vez-en-pontevedra\/","title":{"rendered":"Cintecx participa con 3 stands na feira \u2018A ciencia que v\u00e9n\u2019 que celebrarase por primeira vez en Pontevedra"},"content":{"rendered":"<h3> <em>Augas claras, futuro brillante<\/em>, <em>Xeotecnolog\u00edas aplicadas<\/em> e <em>Biomateriais de hoxe e ma\u00f1\u00e1<\/em>, son os stands que representar\u00e1n a CINTECX nesta edici\u00f3n da Feira Cient\u00edfica <\/h3>\n<p> DUVI Pontevedra 20\/05\/2024<\/p>\n<p>Achegar \u00e1 cidadan\u00eda o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, as\u00ed como contribu\u00edr ao fomento de vocaci\u00f3ns cient\u00edficas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que v\u00e9n, que a UVigo organizar\u00e1 por primeira vez en Pontevedra o venres 31 de maio. Nesta xornada, a praza da Ferrar\u00eda acoller\u00e1 14 carpas nas que diferentes grupos de investigaci\u00f3n ofrecer\u00e1n unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un p\u00fablico familiar, que permitir\u00e1n achegarse dun xeito l\u00fadico e divertido \u00e1s aplicaci\u00f3ns dos seus traballos en m\u00faltiples \u00e1mbitos. O evento desenvolverase entre 16.30 e as 19.30 horas e comprender\u00e1 tam\u00e9n d\u00faas presentaci\u00f3ns de libros divulgativos e un coloquio sobre a alimentaci\u00f3n do futuro, as\u00ed como un xogo de rol sobre as consecuencias da crise clim\u00e1tica, que ter\u00e1 lugar no Museo de Pontevedra.<\/p>\n<p>Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+I) da UVigo, esta feira cient\u00edfica forma parte do programa anual de actividades 2023\/2024 do plan Ciencia de Ida e Volta e conta co financiamento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y la Tecnolog\u00eda (FECYT) \u2013 Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades e da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, as\u00ed como coa colaboraci\u00f3n do Concello de Pontevedra. Baixo o lema de Inflorescencia, neste evento out\u00f3rgase especial importancia o papel da muller na ciencia e na investigaci\u00f3n, ofrecendo unha vez m\u00e1is a posibilidade de achegarse ao labor das investigadoras da Universidade, e despois de celebrar en Vigo as s\u00faas d\u00faas primeiras edici\u00f3ns, trasladase neste 2024 a Pontevedra.<\/p>\n<h3>14 postos nos que achegarse \u00e1 biolox\u00eda, \u00e1 enxe\u00f1ar\u00eda ou \u00e1 historia<\/h3>\n<p>F\u00edsica, biolox\u00eda, enxe\u00f1ar\u00eda, telecomunicaci\u00f3ns, historia e medio ambiente constit\u00faen as li\u00f1as tem\u00e1ticas dun evento que arrancar\u00e1 na ma\u00f1\u00e1 do venres 31 coa visita do estudantado dos CEIP Barcelos e Froebel aos postos nos que 14 grupos de investigaci\u00f3n dar\u00e1n a co\u00f1ecer o seu labor, abr\u00edndose pola tarde ao p\u00fablico xeral. Entre outras propostas, esta expo-feira permitir\u00e1 explorar as propiedades da contorna cunha c\u00e1mara termogr\u00e1fica, da man do Grupo de Tecnolox\u00eda Enerx\u00e9tica do Cintecx; ver mostras de tratamento de augas co grupo Biosuv e achegarse \u00e1s aplicaci\u00f3ns cl\u00ednicas de biomateriais e dispositivos biom\u00e9dicos co grupo Novos Materiais FA3, tam\u00e9n do Cintecx. O grupo XB2, do Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a (CIM) propor\u00e1 aos e \u00e1s visitantes constru\u00edr unha dobre h\u00e9lice de ADN con gominolas, mentres que o grupo de Filoxen\u00f3mica do CINBIO levaraos a visualizar a estrutura do ADN a partir dun anaco de pl\u00e1tano. As\u00ed mesmo, o Grupo de Tecnolox\u00eda Aeroespacial, de atlanTTic, promover\u00e1 unha exhibici\u00f3n de pequenos sat\u00e9lites realizando manobras de balanceo, mentres que o Mapas Lab convidar\u00e1 a explorar a evoluci\u00f3n da vida na Terra pintando r\u00e9plicas en escaiola de f\u00f3siles ou participando nun \u201cxogo de supervivencia\u201d. <\/p>\n<p>Este conxunto de actividades divulgativas permitir\u00e1n tam\u00e9n co\u00f1ecer proxectos de investigaci\u00f3n internacionais como Agrosus que, da man do grupo BEV1, levar\u00e1 a explorar a diversidade agroecol\u00f3xica de Europa. Do mesmo xeito, o grupo BiotecnIA promover\u00e1 unha serie de actividades centradas nas s\u00faas li\u00f1as de estudo sobre o aproveitamento de residuos producidos nas industrias e a obtenci\u00f3n de produtos de alto valor a partir de insectos comestibles. Ao mesmo tempo, esta expo-feira permitir\u00e1 co\u00f1ecer as investigaci\u00f3ns que o grupo Geotech, do Cintecx, centra na monitorizaci\u00f3n de transporte con drons ou no desenvolvemento de ferramentas de dixitalizaci\u00f3n para a planificaci\u00f3n de construci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Neste abano de propostas ins\u00edrese tam\u00e9n o obradoiro no que o Post-Growth Innovation Lab convidar\u00e1 a crear pezas art\u00edsticas con \u00abmateriais inspiradores para o coidado medioambiental\u00bb e a piscina de bolas na que o Grupo de Ecolox\u00eda Animal animar\u00e1 os participantes a co\u00f1ecer a biodiversidade do solo localizando bacterias, fungos e animais. Da man do grupo Griles, ser\u00e1 posible achegarse \u00e1s caracter\u00edsticas da lingua de signos espa\u00f1ola e o contexto social e cultural no que se desenvolve, mentres que no espazo do grupo HC1 poder\u00e1n observarse as flutuaci\u00f3ns demogr\u00e1ficas da provincia de Pontevedra e unha prospectiva de como ser\u00e1 en 2100. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Augas claras, futuro brillante, Xeotecnolog\u00edas aplicadas e Biomateriais de hoxe e ma\u00f1\u00e1, son os stands que representar\u00e1n a CINTECX nesta edici\u00f3n da Feira Cient\u00edfica DUVI &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-participa-con-3-stands-na-feira-a-ciencia-que-ven-que-celebrarase-por-primeira-vez-en-pontevedra\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253075,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253074","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253074","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253074"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253074\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253078,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253074\/revisions\/253078"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253075"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253074"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253074"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253074"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}