{"id":253053,"date":"2024-05-22T12:42:12","date_gmt":"2024-05-22T10:42:12","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=253053"},"modified":"2024-05-22T12:42:12","modified_gmt":"2024-05-22T10:42:12","slug":"premio-internacional-giovanni-barla-ao-mellor-artigo-de-2023-para-dous-investigadores-de-cintecx","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/premio-internacional-giovanni-barla-ao-mellor-artigo-de-2023-para-dous-investigadores-de-cintecx\/","title":{"rendered":"Premio internacional Giovanni Barla ao mellor artigo de 2023 para dous investigadores de CINTECX"},"content":{"rendered":"<h3>O estudo foi realizado en colaboraci\u00f3n co Cedex de Madrid e unha universidade h\u00fangara <\/h3>\n<p>D. BESAD\u00cdO  DUVI  20\/05\/2024<br \/>\nOs investigadores do Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx, da Universidade de Vigo, Leandro Alejano e Ignacio P\u00e9rez Rey, docentes da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e da Enerx\u00eda, acaban de ser galardoados co Premi Giovanni Barla ao mellor artigo de 2023 publicado na revista Rock Mechanics and Rock Engineering, unha das publicaci\u00f3ns internacionais de maior prestixio dentro do eido da mec\u00e1nica de rochas. O galard\u00f3n reco\u00f1ece a elevada calidade do artigo A New Insight into the Stability of Precariously Balanced Rocks, do que son coautores, xunto con Mauro Mu\u00f1iz, do Laboratorio de Xeotecnia do Cedex, en Madrid, e  tres investigadores da Universidade de Tecnolox\u00eda e Econom\u00eda de Budapest, en Hungr\u00eda, entres eles o profesor Gabor Domokos, un dos principais expertos mundiais no estudo e resoluci\u00f3n de problemas de equilibrio de corpos complexos.<\/p>\n<p>O artigo recolle os resultados dunha investigaci\u00f3n realizada en colaboraci\u00f3n entre estas tres instituci\u00f3ns que afonda no estudo de estruturas xeol\u00f3xicas singulares como son os bolos gran\u00edticos inestables, entre eles a co\u00f1ecida Pena do Equilibrio, en Ponteareas, unha li\u00f1a de traballo na que o grupo de Xesti\u00f3n sostible e segura dos recursos minerais da Universidade de Vigo, do que forman parte Alejano e P\u00e9rez Rey, leva anos traballando. De feito, neste tema centr\u00e1rase xa a tese de doutoramento de Ignacio P\u00e9rez Rey, defendida en 2019 na UVigo e dirixida polo profesor Leandro Alejano, \u00e1 que a Sociedade Espa\u00f1ola de Mec\u00e1nica de Rochas lle outorgara no 2020 unha menci\u00f3n honor\u00edfica. <\/p>\n<h3>\u201cReco\u00f1ecemento a unha paisaxe que \u00e9 patrimonio xeol\u00f3xico da rexi\u00f3n\u201d<\/h3>\n<p>\u201cRecibir agora este novo premio, unido ao feito de que un grupo de relevancia como o comandado polo profesor Domokos tivera interese nel, \u00e9 un bo indicativo de que na Universidade de Vigo e en instituci\u00f3ns espa\u00f1olas como o Cedex se realiza investigaci\u00f3n de calidade\u201d, explica Ignacio P\u00e9rez Rey, quen salienta que o premio otorga \u201cun claro reco\u00f1ecemento a unha paisaxe que temos moi preto de n\u00f3s e impulsa a s\u00faa conservaci\u00f3n como elementos do patrimonio xeol\u00f3xico da rexi\u00f3n\u201d.<\/p>\n<h3>Equipo internacional creado en plena pandemia<\/h3>\n<p>\u201cA\u00ednda que a metodolox\u00eda utilizada para os c\u00e1lculos de estabilidade da Pena do Equilibrio inclu\u00edda na mi\u00f1a tese funcionara realmente ben, sendo publicada na revista Journal of Rock Mechanics and Mining Sciences, consideramos que poder\u00eda ter algunha limitaci\u00f3n, especialmente debido \u00e1 natureza tridimensional do problema\u201d,  salienta P\u00e9rez Rey, quen explica que foi en plena pandemia, hai agora catro anos, cando decidiu contactar co profesor Gabor Domokos para amosarlle o seu traballo.  Tras esa mensaxe inicial vi\u00f1eron outras, as\u00ed como varias reuni\u00f3ns nas que se decidiu analizar novamente o problema e facelo coa colaboraci\u00f3n do grupo do profesor Domokos e do Laboratorio de Xeotecnia do Cedex en Madrid, do que Ignacio P\u00e9rez Rey tam\u00e9n formou parte.<\/p>\n<p>O traballo consistiu en analizar novamente e validar doutro xeito os c\u00e1lculos de estabilidade presentados inicialmente na tese de P\u00e9rez Rey, engadindo dous novos mecanismos de potencial inestabilidade ao problema en cuesti\u00f3n: a consideraci\u00f3n da rotaci\u00f3n do penedo e a rotura do material na superficie de contacto onde est\u00e1 apoiado. \u201cEsta colaboraci\u00f3n con persoal investigador do eido da matem\u00e1tica permitiu un desenvolvemento formal das expresi\u00f3ns que rexen o equilibrio mec\u00e1nico da Pena do Equilibrio, ademais dun refinamento da nube de puntos tridimensional en zonas onde non se puido obter informaci\u00f3n, debido a que \u00e9 imposible acceder ao contacto entre o propio penedo e a rocha onde repousa\u201d, salienta o investigador.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O estudo foi realizado en colaboraci\u00f3n co Cedex de Madrid e unha universidade h\u00fangara D. BESAD\u00cdO DUVI 20\/05\/2024 Os investigadores do Centro de Investigaci\u00f3n en &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/premio-internacional-giovanni-barla-ao-mellor-artigo-de-2023-para-dous-investigadores-de-cintecx\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":253054,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-253053","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253053","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253053"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253053\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":253057,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253053\/revisions\/253057"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253054"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253053"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253053"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253053"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}