{"id":252306,"date":"2024-04-15T15:54:55","date_gmt":"2024-04-15T13:54:55","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=252306"},"modified":"2024-04-15T15:54:55","modified_gmt":"2024-04-15T13:54:55","slug":"a-universidade-de-vigo-entre-as-mellores-do-mundo-en-enxenaria-do-petroleo-e-enxenaria-electrica-e-electronica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/a-universidade-de-vigo-entre-as-mellores-do-mundo-en-enxenaria-do-petroleo-e-enxenaria-electrica-e-electronica\/","title":{"rendered":"A Universidade de Vigo, entre as mellores do mundo en Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo e Enxe\u00f1ar\u00eda el\u00e9ctrica e electr\u00f3nica"},"content":{"rendered":"<h3>\u00abXunto co \u00e1mbito da Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo, os resultados acadados en Enxe\u00f1ar\u00eda el\u00e9ctrica, po\u00f1en en valor o traballo do Cintecx, que se presenta como un centro relevante\u00bb, destaca a vicerreitora<\/h3>\n<p>DUVI  10\/04\/2024<br \/>\nA edici\u00f3n 2024 do QS World University Rankings by Subjetc sit\u00faa a Universidade de Vigo entre as mellores do mundo en cinco eidos: Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo, Agricultura e forestal, Enxe\u00f1ar\u00eda el\u00e9ctrica e electr\u00f3nica, Ciencias biol\u00f3xicas e Qu\u00edmica. Como xa avanzara o reitor, Manuel Reigosa, no Consello de Goberno da pasada semana, dende 2021, ano no que a Universidade de Vigo comezou a ser valorada por este ranking, pasouse de estar entre as mellores do mundo en dous eidos a aparecer no 2023 en tres e nesta nova edici\u00f3n en cinco, o que segundo Reigosa \u201c\u00e9 unha mellora importante\u201d, sobre todo coa vista posta na captaci\u00f3n internacional de alumnado.<\/p>\n<p>A clasificaci\u00f3n, publicada este m\u00e9rcores por QS Quacquarelli Symonds, proporciona unha an\u00e1lise comparativa independente sobre m\u00e1is de 16.400 programas universitarios, cursados por estudantes de m\u00e1s de 1500 universidades en 96 pa\u00edses do mundo, inclu\u00edndo 55 disciplinas acad\u00e9micas e cinco amplas \u00e1reas de co\u00f1ecemento. O equipo de goberno, a trav\u00e9s da vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n, Bel\u00e9n Rubio, am\u00f3sase moi \u201csatisfeito\u201d, porque ademais de mellorar na clasificaci\u00f3n global \u201ctemos unha mellora moi notable pasando de 2 a 5 materias nas que aparecemos nesta listaxe\u201d, e isto \u00e9 un \u201csalto cuantitativo que ten varias vantaxes\u201d. Por unha banda, recalca que ten \u201cun peso directo no plan de financiamento, en particular no m\u00f3dulo 2\u201d e, por outra, \u201csup\u00f3n unha mellor carta de presentaci\u00f3n da UVigo, tanto para o novo estudantado que est\u00e1 agora a pensar en que universidade facer os seus estudos, como para o persoal investigador que decide vir a facer a s\u00faa carreira investigadora\u201d.  <\/p>\n<h3>Entre as mellores 150 do mundo en Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo<\/h3>\n<p>A Universidade de Vigo destaca principalmente nesta clasificaci\u00f3n no eido da Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo, un campo no que aparece por primeira vez no QS World University Rankings by Subject 2024, e faino nunha posici\u00f3n destacada da t\u00e1boa, entre as 101 e 150 mellores do mundo. Como explica a vicerreitora, esta \u00e9 unha parte da enxe\u00f1ar\u00eda que abrangue moitos temas, dende tratamento de hidrocarburos ata o estudo dos produtos finais e os seus derivados, como lubricantes, refrixerantes, etc., as\u00ed como tam\u00e9n aspectos que van dende a xeolox\u00eda \u00e1 xeof\u00edsica do subsolo. \u201cTemos, por unha banda, os grupos da Escola de Enxe\u00f1er\u00eda de Minas e Enerx\u00eda, xunto grupos de Cintecx, que poden tratar de maneira directa ou indirecta alg\u00fan deses aspectos\u201d. <\/p>\n<p>No que se refire \u00e1 agricultura e \u00e1s ciencias forestais, a Universidade de Vigo tam\u00e9n acada un lugar destacado, entre as 201 e 250 mellores do mundo, e tam\u00e9n o fai clasific\u00e1ndose por primeira vez. Rubio lembra que no Ranking de Shanghai a UVigo xa acadara bos resultados neste eido, \u201cque v\u00e9n a confirmar o excelente traballo que est\u00e1 a desenvolver o Instituto de Agroecolox\u00eda e Aalimentaci\u00f3n (IAA), con sede no campus de Ourense\u201d.<\/p>\n<p>As outras tres materias nas que a UVigo se sit\u00faa no Top500 do mundo son Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica e Electr\u00f3nica, no rango entre 401 e 450, e Ciencias biol\u00f3xicas e Qu\u00edmica, ambas na franxa 501-550, mellorando a posici\u00f3n de 2023, cando se situaban no 551-600. A este respecto, a vicerreitora destaca que, xunto co \u00e1mbito da Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo, os resultados acadados en Enxe\u00f1ar\u00eda el\u00e9ctrica, po\u00f1en en valor o traballo do Cintecx, que \u201cse presenta como un centro relevante, que esperamos pronto acade tam\u00e9n a catalogaci\u00f3n de centro CIGUS na convocatoria de centros da Xunta de Galicia do 2023, que est\u00e1 a piques de ser resolta\u201d. No que se refire a Biolox\u00eda, \u201cencaixa tanto en li\u00f1as do CINBIO (xunto coa Qu\u00edmica) como no do CIM, e polo tanto segue a reflexar o papel dos nosos centros de excelencia considerados como centros Cigus pola Xunta de Galicia\u201d. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00abXunto co \u00e1mbito da Enxe\u00f1ar\u00eda do petr\u00f3leo, os resultados acadados en Enxe\u00f1ar\u00eda el\u00e9ctrica, po\u00f1en en valor o traballo do Cintecx, que se presenta como un &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/a-universidade-de-vigo-entre-as-mellores-do-mundo-en-enxenaria-do-petroleo-e-enxenaria-electrica-e-electronica\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":252310,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-252306","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/252306","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=252306"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/252306\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":252314,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/252306\/revisions\/252314"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/252310"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=252306"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=252306"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=252306"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}