{"id":251958,"date":"2024-03-19T14:40:02","date_gmt":"2024-03-19T13:40:02","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=251958"},"modified":"2024-03-19T14:40:02","modified_gmt":"2024-03-19T13:40:02","slug":"cintecx-e-as-facultades-de-comunicacion-e-de-comercio-novos-centros-que-luciran-o-distintivo-de-igualdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-e-as-facultades-de-comunicacion-e-de-comercio-novos-centros-que-luciran-o-distintivo-de-igualdade\/","title":{"rendered":"Cintecx e as facultades de Comunicaci\u00f3n e de Comercio, novos centros que lucir\u00e1n o Distintivo de Igualdade"},"content":{"rendered":"<h3>A UVigo foi en 2021 a primeira universidade de Espa\u00f1a en po\u00f1er en marcha un selo deste tipo<\/h3>\n<p>DUVI  19\/03\/2024. A posta en marcha en 2021 do Distintivo de Igualdade convert\u00eda a Universidade de Vigo na primeira de todo o Estado espa\u00f1ol en contar cun selo deste tipo. Agora, co fallo da cuarta convocatoria, a instituci\u00f3n acad\u00e9mica suma xa 13 centros con este reco\u00f1ecemento, ao seren seleccionados na edici\u00f3n de 2024 o Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais (Cintecx), a Facultade de Comunicaci\u00f3n e a Facultade de Comercio. Os tres obtiveron unha cualificaci\u00f3n superior a 80 puntos (85, 81 e 80, respectivamente) como requiren as bases, polo que pasar\u00e1n a lucir a insignia que acompa\u00f1a este distintivo e recibir\u00e1n 3000 euros cada un para desenvolver pol\u00edticas de promoci\u00f3n da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.<\/p>\n<p>As tres responsables dos centros, Concepci\u00f3n Paz, directora do Cintecx; Emma Torres, decana de Comunicaci\u00f3n e Consuelo Curr\u00e1s, decana de Comercio, reciben esta distinci\u00f3n coa ledicia e o orgullo que implica obter un reco\u00f1ecemento ao traballo colectivo a prol da igualdade desenvolvido durante anos polas comunidades educativas que integran estes centros. Esa \u00e9 precisamente a premisa coa que naceu o distintivo, \u201cvisibilizar e reco\u00f1ecer p\u00fablica e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na Universidade de Vigo, loitan d\u00eda a d\u00eda por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir co\u00f1ecemento cient\u00edfico, incorporando a mirada de x\u00e9nero e feminista\u201d e traballando para \u201cconquerir unha Universidade m\u00e1is humana, igualitaria e xusta\u201d.<\/p>\n<p>Estes tres novos centros \u00fanense a unha listaxe que inaugurou a Facultade de Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n e \u00e1 que se foron sumando as de Educaci\u00f3n e Traballo Social, de Ciencias Xur\u00eddicas e do Traballo, de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais, de Dereito do campus de Ourense; as escolas de Enxe\u00f1ar\u00eda de Minas e Enerx\u00eda, de Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n; as\u00ed como o CIM-Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a, o CINBIO, Centro de Investigaci\u00f3ns en Nanomateriais e Biomedicina e o centro de investigaci\u00f3n atlanTTic.<\/p>\n<h3>Cintecx aposta pola igualdade nun eido masculinizado<\/h3>\n<p>A candidatura que obtivo mellor puntuaci\u00f3n foi a do Cintecx, que como explica a s\u00faa directora, Concepci\u00f3n Paz, \u201c\u00e9 un centro de investigaci\u00f3n do \u00e1mbito tecnol\u00f3xico-industrial cunha situaci\u00f3n de partida masculinizada\u201d pero cun firme compromiso con acadar \u201ca igualdade efectiva entre mulleres e homes\u201d. Dende a s\u00faa creaci\u00f3n, lembra Paz, sempre se puxo o foco en \u201cintentar remover os obst\u00e1culos que dificultan e, nalg\u00fans casos, impiden a igualdade efectiva\u201d, po\u00f1endo en marcha medidas para eliminar a discriminaci\u00f3n por raz\u00f3n de sexo no centro e incorporando a perspectiva de x\u00e9nero en todas as fases do proceso investigador ou mesmo \u201curxindo a instancias superiores, cando corresponde, medidas que garantan o progreso das carreiras das nosas investigadoras en igualdade de condici\u00f3ns\u201d. O \u00faltimo exemplo deste compromiso foi a presentaci\u00f3n, a pasada semana, dunha gu\u00eda pr\u00e1ctica para integrar a perspectiva de x\u00e9nero nas investigaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas e industriais. <\/p>\n<p>Para Concepci\u00f3n Paz, o feito de obter este distintivo \u201csup\u00f3n un importante respaldo ao compromiso de Cintecx coa igualdade, a diversidade e a inclusi\u00f3n e an\u00edmanos a continuar nas nosas actuaci\u00f3ns futuras nesta senda\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A UVigo foi en 2021 a primeira universidade de Espa\u00f1a en po\u00f1er en marcha un selo deste tipo DUVI 19\/03\/2024. A posta en marcha en &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-e-as-facultades-de-comunicacion-e-de-comercio-novos-centros-que-luciran-o-distintivo-de-igualdade\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":251959,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-251958","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/251958","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=251958"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/251958\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":251963,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/251958\/revisions\/251963"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/251959"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=251958"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=251958"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=251958"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}