{"id":250058,"date":"2024-01-22T15:21:02","date_gmt":"2024-01-22T14:21:02","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=250058"},"modified":"2024-01-22T15:21:02","modified_gmt":"2024-01-22T14:21:02","slug":"investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-que-revolucionara-o-proceso-de-reciclaxe-do-vidro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-que-revolucionara-o-proceso-de-reciclaxe-do-vidro\/","title":{"rendered":"Investigadores de CINTECX lideran un proxecto que revolucionar\u00e1 o proceso de reciclaxe do vidro"},"content":{"rendered":"<h3>EverGLASS prop\u00f3n desenvolver unha tecnolox\u00eda radicalmente nova denominada \u201cglass laser transformation\u201d que permitir\u00e1 aos usuarios introducir residuos nunha nova m\u00e1quina e seleccionar que novo.<\/h3>\n<p>DUVI 17\/01\/2024<br \/>\nA pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de \u00e9xito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 mill\u00f3ns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situaci\u00f3n, o grupo de Aplicaci\u00f3ns Industriais dos L\u00e1seres, LaserON, da Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo que tratar\u00e1 de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnolox\u00eda radicalmente nova denominada glass laser transformation. Cos profesores Juan Pou e Rafael Comesa\u00f1a \u00e1 cabeza, este grupo, que forma parte do Cintecx, lidera EverGLASS, que conta con socios de Eslovaquia, Alema\u00f1a e Francia, e con representaci\u00f3n espa\u00f1ola por parte do CSIC. Cunha duraci\u00f3n de tres anos e un orzamento de preto de 3 mill\u00f3ns de euros (783.750 euros para a UVigo), o proxecto foi seleccionado na convocatoria EIC Pathfinder Open no marco do Horizon Europe.<\/p>\n<p>O obxectivo de EverGLASS &#8211; The new role of glass in a sustainable society. Technology for the integral recycling of glass \u2013 \u00e9 transformar radicalmente a reciclaxe e utilizaci\u00f3n de residuos de vidro mediante o desenvolvemento dunha innovadora tecnolox\u00eda de transformaci\u00f3n l\u00e1ser. O seu enfoque, salienta, \u00e9 innovador porque integra a reciclaxe no proceso de fabricaci\u00f3n de produtos de vidro a medida, ofrecendo unha soluci\u00f3n aos desaf\u00edos medioambientais asociados cos residuos de vidro.<\/p>\n<p>Este m\u00e9rcores a Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Industrial acolleu a reuni\u00f3n de lanzamento do proxecto, na que participaron representantes das entidades socias acompa\u00f1ados, no acto de apertura polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e polo director da EEI, Juan E. Pardo. Ambos fixeron fincap\u00e9 na importancia que ten para a escola e para a UVigo un proxecto desta envergadura. O reitor salientaba o \u201corgullo\u201d que sup\u00f3n para Universidade que sexa un grupo vigu\u00e9s o que coordine unha iniciativa coma esta, que contrib\u00fae a unha \u201cEuropa m\u00e1is forte e m\u00e1is competitiva, que avance na reindustrializaci\u00f3n\u201d pero que tam\u00e9n sexa \u201cm\u00e1is verde e sostible\u201d. Para acadalo salientou o papel que xogan, como \u00e9 o caso deste proxecto, das instituci\u00f3ns, universidades e centros de investigaci\u00f3n, que axudan a que Europa sexa \u201cm\u00e1is competitiva fronte a outros sistemas como EEUU, Xap\u00f3n ou outros pa\u00edses asi\u00e1ticos\u201d.<\/p>\n<h3>Unha nova proposta para unha transformaci\u00f3n radical do proceso de reciclado do vidro<\/h3>\n<p>O catedr\u00e1tico Juan Pou explica que o proceso actual de reciclaxe de vidro emprega tecnolox\u00eda madura baseada en grandes instalaci\u00f3ns que centralizan o proceso. \u201cIsto sup\u00f3n un alto consumo de enerx\u00eda para fundir toneladas de vidro mediante un proceso pouco flexible\u201d a isto \u00fanense os \u201ccustes de transporte do vidro \u00e1s grandes plantas de reciclaxe\u201d. EverGLASS prop\u00f3n desenvolver unha tecnolox\u00eda radicalmente nova (glass laser transformation) que se basea no emprego da tecnolox\u00eda l\u00e1ser para a reciclaxe de vidro in situ. De xeito, explican os investigadores, \u201cpoderanse xerar produtos personalizados ou t\u00e9cnicos cun menor consumo enerx\u00e9tico, menor emisi\u00f3n de CO2 \u00e1 atmosfera e menores custes de transporte\u201d. E cal \u00e9 o xeito de facelo? Os investigadores explican que os usuarios introducir\u00e1n residuos nunha nova m\u00e1quina e seleccionar\u00e1n que novo produto queren obter. \u201cIsto supor\u00e1 pasar dun concepto de reciclaxe centralizado a outro distribu\u00eddo, no que as persoas xogar\u00e1n un papel fundamental\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>EverGLASS prop\u00f3n desenvolver unha tecnolox\u00eda radicalmente nova denominada \u201cglass laser transformation\u201d que permitir\u00e1 aos usuarios introducir residuos nunha nova m\u00e1quina e seleccionar que novo. DUVI &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/investigadores-de-cintecx-lideran-un-proxecto-que-revolucionara-o-proceso-de-reciclaxe-do-vidro\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":250059,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-250058","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/250058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=250058"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/250058\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":250122,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/250058\/revisions\/250122"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/250059"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=250058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=250058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=250058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}