{"id":247702,"date":"2023-12-18T17:27:26","date_gmt":"2023-12-18T16:27:26","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=247702"},"modified":"2023-12-18T17:27:26","modified_gmt":"2023-12-18T16:27:26","slug":"cintecx-no-top-3-dos-centros-da-uvigo-que-mais-fondos-captan-da-convocatoria-do-plan-nacional-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-no-top-3-dos-centros-da-uvigo-que-mais-fondos-captan-da-convocatoria-do-plan-nacional-2\/","title":{"rendered":"Cintecx no top 3 dos centros da UVigo que m\u00e1is fondos captan da convocatoria do Plan Nacional"},"content":{"rendered":"<p>DUVI  15\/12\/2023<br \/>\n5,5 mill\u00f3ns de euros para a posta en marcha de 40 proxectos de investigaci\u00f3n. Este \u00e9 o hist\u00f3rico resultado acadado pola Universidade de Vigo na \u00faltima convocatoria das axudas Proxectos de Xeraci\u00f3n de Co\u00f1ecemento convocadas no marco do Plan Estatal de Investigaci\u00f3n Cient\u00edfica, T\u00e9cnica e de Innovaci\u00f3n 2021-2023. \u201cTr\u00e1tase da cifra m\u00e1is alta acadada pola instituci\u00f3n en captaci\u00f3n do plan nacional\u201d, explica Bel\u00e9n Rubio,  vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n, quen se amosou \u201cmoi satisfeita\u201d polos resultados acadados, xa que amosan \u201cun moi bo progreso, tanto no n\u00famero como na consecuci\u00f3n de fondos\u201d, un \u00e9xito que, ao se modo de ver, \u201cderiva e sust\u00e9ntanse na creaci\u00f3n e apoio a estruturas de maior dimensi\u00f3n como son os centros de investigaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>Solicit\u00e1ranse un total de 86 proxectos e conced\u00e9ronse 40, o que sit\u00faa a taxa de \u00e9xito no 46,5%. \u201cEsta cifra foi medrando progresivamente desde o ano 2018, cando se situaba no 29%\u201d, apunta Rubio, ao que engade que aproximadamente a metade dos proxectos foi conseguida polos investigadores e investigadoras pertencentes aos diferentes centros de investigaci\u00f3n da instituci\u00f3n acad\u00e9mica viguesa, inclu\u00edndo os centros CIGUS (CIM, CINBIO e atlanTTic), o centro propio Cintecx e o centro interuniversitario Ecobas.<\/p>\n<p>Esta convocatoria v\u00e9n tam\u00e9n marcada porque, pouco a pouco, se van equilibrando as solicitudes concedidas a investigadores (25) e investigadoras (15), o que, a xu\u00edzo da vicerreitora, poder\u00eda comezar a relacionarse coas acci\u00f3ns de apoio \u00e1 investigaci\u00f3n das mulleres que se fai na universidade, tales como a reduci\u00f3n de docencia e a potenciaci\u00f3n da investigaci\u00f3n con posterioridade \u00e1 maternidade que se iniciou no curso pasado. \u201cA\u00ednda que en n\u00famero de solicitudes as mulleres seguen solicitando menos proxectos como IPs (aprox. o 40% do total de solicitudes), por primeira vez nesta convocatoria a taxa de \u00e9xito \u00e9 similar entre homes e mulleres\u201d, salientou Rubio.<\/p>\n<h3>O CIM, con seis proxectos, roza o mill\u00f3n de euros captados<\/h3>\n<p>A convocatoria do plan nacional deixa excelentes resultados para o CIM, o Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a, desde onde se conseguiron seis proxectos, o que sup\u00f3n unha entrada de financiamento que roza o mill\u00f3n de euros: 997.500 \u20ac.  <\/p>\n<p>O estudo que conta cunha maior cantidade de financiamento (282.500 euros) \u00e9 o proxecto DEVELIFE, dirixido polos investigadores do grupo de Ecolox\u00eda Animal Alberto Velando e Sin Yeon Kim, e que se insire dentro dos m\u00faltiples traballos que a comunidade cient\u00edfica est\u00e1 a p\u00f3r en marcha para tratar de entender como os cambios ambientais que est\u00e1 a experimentar a sociedade afectan \u00e1 persistencia das poboaci\u00f3ns naturais. \u201cImos estudar como as condici\u00f3ns de desenvolvemento afectan \u00e1 flexibilidade e \u00e1 persistencia de caracter\u00edsticas durante a vida, estudando diferentes poboaci\u00f3ns naturais do peixe espi\u00f1oso e da gaivota patiamarela, dous vertebrados singulares que poden actuar como sentinelas das respostas a estes cambios ambientais\u201d, explica Velando. Nos catro anos que durar\u00e1 o proxecto estudar\u00e1n os mecanismos que subxacen \u00e1 evoluci\u00f3n da programaci\u00f3n fenot\u00edpica durante o desenvolvemento, como cambios na metilaci\u00f3n do ADN, na expresi\u00f3n x\u00e9nica e nos niveis de glucocorticoides e que condicionan a supervivencia e a reproduci\u00f3n na etapa adulta.<\/p>\n<p>A este estudo s\u00famanse outros cinco traballos dirixidos desde o CIM: un proxecto coordinado polo profesor Jos\u00e9 Luis Soengas, do grupo Fisiolox\u00eda de Peixes, PHYStoFISH, financiado con 256.000 euros; un de Juan Galindo, do grupo de Xen\u00e9tica de Poboaci\u00f3ns e Citoxen\u00e9tica, con 207.500 \u20ac; un de Guillermo Velo, do grupo de Ecolox\u00eda Animal, con 170.000 euros; un de Ricardo Beiras, de Ecolox\u00eda e Zoolox\u00eda, con 163.750 \u20ac, e outro de Carlos Bendicho, do grupo de Qu\u00edmica Anal\u00edtica Ambiental e Espectroscopia, financiado con 131.000 euros.<\/p>\n<h3>900.000 euros para o CINBIO e 800.000 para Cintecx<\/h3>\n<p>No caso do CINBIO conced\u00e9ronse cinco propostas financiados con 900.000 euros. O proxecto que acadou un maior financiamento \u00e9 PLASMOFSERS, liderado polos investigadores Isabel Pastoriza Santos e Jorge P\u00e9rez Juste, do  grupo de Nanobiomateriais Funcionais. Financiado con 250.000 euros, o estudo ten como obxectivo principal o dese\u00f1o e fabricaci\u00f3n de plataformas sensoras ultrasensibles para a detecci\u00f3n de substancias de interese como gases de escape ou biomarcadores gaseosos asociados a enfermidades e a discriminaci\u00f3n de enanti\u00f3meros en fase l\u00edquida, polo que, tal e como subli\u00f1an os seus coordinadores,  \u201ccontribuir\u00e1  o desenvolvemento de estratexias de (bio)detecci\u00f3n e diagn\u00f3stico m\u00e9dico m\u00e1is eficaces\u201d.<\/p>\n<p>A listaxe de propostas concedidas compl\u00e9tase  cun proxecto do profesor \u00c1ngel Rodr\u00edguez de Lera, do grupo de Qu\u00edmica Org\u00e1nica (231.000 \u20ac); un de Susana Magad\u00e1n, do grupo de Inmunolox\u00eda (218.750\u20ac); Laura Salonem, de Nanomateriais H\u00edbridos (118.750\u20ac), e Jos\u00e9 Antonio Lamas, Fisiolox\u00eda Endocrina e Neurofisiolox\u00eda (81.250 \u20ac).<\/p>\n<p>A convocatoria nacional deixa tam\u00e9n excelentes resultados para o CINTECX, o Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo. Ao igual ca no CINBIO consegu\u00edronse cinco proxectos, dotados con 800.000 euros e dirixidos por Pedro Arias, M\u00aa Mercedes Solla, Xos\u00e9 Ram\u00f3n Novoa, Rafael Comesa\u00f1a e Jes\u00fas Doval.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DUVI 15\/12\/2023 5,5 mill\u00f3ns de euros para a posta en marcha de 40 proxectos de investigaci\u00f3n. Este \u00e9 o hist\u00f3rico resultado acadado pola Universidade de &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/cintecx-no-top-3-dos-centros-da-uvigo-que-mais-fondos-captan-da-convocatoria-do-plan-nacional-2\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":247695,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-247702","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/247702","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=247702"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/247702\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":247703,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/247702\/revisions\/247703"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/247695"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=247702"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=247702"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=247702"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}