{"id":244189,"date":"2023-07-28T14:27:21","date_gmt":"2023-07-28T12:27:21","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=244189"},"modified":"2023-07-28T14:27:21","modified_gmt":"2023-07-28T12:27:21","slug":"o-proxecto-facendo-4-0-para-desenar-un-sector-da-automocion-mais-flexible-sostible-e-conectado-remata-tras-investir-223-me","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-proxecto-facendo-4-0-para-desenar-un-sector-da-automocion-mais-flexible-sostible-e-conectado-remata-tras-investir-223-me\/","title":{"rendered":"O proxecto Facendo 4.0 para dese\u00f1ar un sector da automoci\u00f3n m\u00e1is flexible, sostible e conectado remata tras investir 22,3 m\u20ac"},"content":{"rendered":"<h3>A UVigo participou na proxecci\u00f3n da f\u00e1brica ecoamigable e na automatizaci\u00f3n da xesti\u00f3n de recursos<\/h3>\n<p>Tras case tres anos de traballo, un investimento de 22,3 mill\u00f3ns de euros, 400 persoas implicadas e 800.000 horas de investigaci\u00f3n, o proxecto Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a trav\u00e9s da Innovaci\u00f3n e a Transformaci\u00f3n Dixital) chega ao seu fin. A iniciativa, liderada por Stellantis en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Vigo, o Centro Tecnol\u00f3xico de Automoci\u00f3n de Galicia, Gradiant e Aimen, buscaba dese\u00f1ar o sector da automoci\u00f3n do futuro a trav\u00e9s dunha planta m\u00e1is flexible, sostible e conectada.<\/p>\n<p>O proxecto botou a andar en setembro de 2020 centr\u00e1ndose na investigaci\u00f3n industrial e o desenvolvemento experimental para incrementar a competitividade e reforzar as competencias da automoci\u00f3n galega. En concreto, Facendo 4.0 permitiu innovar nos procesos produtivos da f\u00e1brica de Stellantis Vigo en tres li\u00f1as: cara unha planta m\u00e1is flexible que responda \u00e1s necesidades do cliente; co obxectivo de que en 2050, cunha m\u00ednima pegada de carbono, se emitan 0 residuos e emisi\u00f3ns; e para xerar unha planta conectada, con mellores prestaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas. <\/p>\n<p>Os responsables das entidades implicadas participaron este m\u00e9rcores nun acto de peche que tivo lugar na factor\u00eda viguesa. Por parte da empresa interveu Ignacio Bueno, director de Stellantis Vigo, por parte da UVigo, Bel\u00e9n Rubio, vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n; as\u00ed como Luis P\u00e9rez, director xeral de Gradiant; Jes\u00fas Lago, director xeral de Aimen e Luis Moreno, director xeral do CTAG. A todos eles sumouse a directora da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n, Patricia Argerey, xa que o proxecto recibiu unha axuda p\u00fablica de 12,2 mill\u00f3ns de euros a trav\u00e9s deste organismos cofinanciada con cargo aos fondos Feder da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p>Como destacaron os responsables das entidades socias intervi\u00f1eron 400 t\u00e9cnicos e investigadores de diferentes \u00e1mbitos e execut\u00e1ronse ou pux\u00e9ronse en marcha 157 actuaci\u00f3ns relacionadas coa F\u00e1brica do Futuro, o Veh\u00edculo do Futuro e a Conectividade e as Tecnolox\u00edas da Informaci\u00f3n. Nas tres anualidades invest\u00edronse 22,3 mill\u00f3ns de euros, a cifra total que se contemplaba no programa, e a todas as innovaci\u00f3ns desenvolvidas dedic\u00e1ronse 800.000 horas de investigaci\u00f3n e enxe\u00f1ar\u00eda avanzada, dando lugar, ata o momento, a dez patentes rexistradas.<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, a vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Bel\u00e9n Rubio, puxo en valor o traballo dos grupos da UVigo implicados (GTE, DSE, ENE e GTI) e dos centros de investigaci\u00f3n Cintecx e atlanTTic. Ademais achegou alg\u00fans datos da participaci\u00f3n da UVigo en Facendo 4.0, que contou cun orzamento de 500.000 euros, xerou m\u00e1is de 20.000 horas de traballo e puxo as bases para tres teses de doutoramento que est\u00e1n en curso. A vicerreitora incidiu na \u201cimportancia da transferencia nas universidades que permite trasladar o co\u00f1ecemento \u00e1s empresas e, \u00e1 vez, ter esa retroalimentaci\u00f3n para seguir progresando, neste caso, cara un mundo m\u00e1is descarbonizados, limpo e interconectado\u201d.<\/p>\n<h3>A UVigo, en dous paquetes de traballo<\/h3>\n<p>A participaci\u00f3n da Universidade de Vigo neste proxecto estrat\u00e9xico centrouse en dous paquetes de traballo: F\u00e1brica Ecoamigable e Smart Connectivity. No primeiro, en colaboraci\u00f3n con Stellantis, destacan as actividades relacionadas coa Green Factory e o mantemento preditivo, mentres que no segundo, o persoal investigador da UVigo xunto co de Grandiant centr\u00e1ronse na automatizaci\u00f3n da xesti\u00f3n de recursos. <\/p>\n<p>No que se refire \u00e1 Green Factory, o obxectivo era evolucionar cara unha f\u00e1brica m\u00e1is sostible. Neste paquete traballo participou o Grupo de Tecnolox\u00eda Enerx\u00e9tica (GTE) do Cintecx, que se centrou en desenvolver medidas e estratexias para reducir o impacto que a actividade da f\u00e1brica ten sobre o medio ambiente, apostando por un maior uso da enerx\u00edas renovables e o emprego de tecnolox\u00edas libres de carbono. Por exemplo, avanzouse na reduci\u00f3n da emisi\u00f3n de compostos org\u00e1nicos vol\u00e1tiles \u00e1 atmosfera, a trav\u00e9s de probas in situ e en laboratorio, dos gases da incineradora, ademais de estudar a posible orixe dos dep\u00f3sitos que aparecen no intercambiador. Tam\u00e9n se conseguiu reducir o consumo de enerx\u00eda primario e as emisi\u00f3ns de di\u00f3xido de carbono a trav\u00e9s da an\u00e1lise enerx\u00e9tica da rede de aire comprimido, o enriquecemento progresivo de gas natural con hidr\u00f3xeno ou o autoconsumo con renovables. Outro aspecto no que traballou o equipo formado polo grupo GTE e Stellantis foi a identificaci\u00f3n dos focos de calor residuais e a an\u00e1lise de funcionamento dos recuperadores actuais dos fornos de pintura mediante o seu xemelo dixital. Tam\u00e9n se realizaron estudos sobre a xesti\u00f3n da auga, o tratamento de residuos e a conservaci\u00f3n da biodiversidade. En definitiva, explican os investigadores, \u201ccomprobouse que, a trav\u00e9s destas soluci\u00f3ns innovadoras, a evoluci\u00f3n da industria cara un modelo m\u00e1is eficiente, que incorpore melloras e modos de funcionamento m\u00e1is respectuosos coa contorna, \u00e9 factible grazas ao aproveitamento dos recursos dispo\u00f1ibles e \u00e1 reduci\u00f3n do consumo de enerx\u00eda\u201d.<\/p>\n<p>No mesmo paquete de traballo relativo \u00e1 F\u00e1brica Ecoamigable participaron outros equipos da UVigo, en concreto o Grupo de Dese\u00f1o e Simulaci\u00f3n Num\u00e9rica en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica, do Cintecx e o Grupo de Enerx\u00eda El\u00e9ctrica, ENE, que se centraron no eido do mantemento preditivo, xa que dentro da necesidade de aumentar a competitividade dos procesos industriais, o control de mantemento de maquinaria complexa \u00e9 clave para avaliar a s\u00faa optimizaci\u00f3n. Este equipo puido demostrar que \u00e9 posible obter datos de consumo el\u00e9ctrico cunha intervenci\u00f3n m\u00ednima, non invasiva, capaces de proporcionar informaci\u00f3n dos procesos individuais, simplificando considerablemente o proceso de recollida de informaci\u00f3n. Desenvolveron un modelo cinem\u00e1tico dun equipo complexo, en concreto a prensa de embutici\u00f3n, e un modelo de redes neuronais capaz de discriminar o proceso realizado na prensa. Ao mesmo tempo, p\u00f3dese analizar o consumo de potencia por peza e estudar opci\u00f3ns de optimizaci\u00f3n de compo\u00f1entes de consumo illados. Este sistema de an\u00e1lise pode implementarse de maneira que proporcione informaci\u00f3n en tempo real e incorporarse a un sistema complexo de control integrado de proceso en planta, tipo xemelo dixital.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A UVigo participou na proxecci\u00f3n da f\u00e1brica ecoamigable e na automatizaci\u00f3n da xesti\u00f3n de recursos Tras case tres anos de traballo, un investimento de 22,3 &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-proxecto-facendo-4-0-para-desenar-un-sector-da-automocion-mais-flexible-sostible-e-conectado-remata-tras-investir-223-me\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":244190,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-244189","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/244189","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=244189"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/244189\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":244195,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/244189\/revisions\/244195"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/244190"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=244189"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=244189"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=244189"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}