{"id":242538,"date":"2023-02-22T08:29:08","date_gmt":"2023-02-22T07:29:08","guid":{"rendered":"http:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=242538"},"modified":"2023-02-22T08:29:57","modified_gmt":"2023-02-22T07:29:57","slug":"dia-de-la-mujer-y-de-la-nina-en-la-ciencia-en-cintecx-gloria-pena-profesora-titular-de-universidad","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/dia-de-la-mujer-y-de-la-nina-en-la-ciencia-en-cintecx-gloria-pena-profesora-titular-de-universidad\/","title":{"rendered":"D\u00eda de la mujer y de la ni\u00f1a en la ciencia en CINTECX: Gloria Pena, Profesora Titular de Universidad"},"content":{"rendered":"<h1 style=\"text-align: center;\">Gloria Pena &#8211; Profesora Titular de Universidad<\/h1>\n<h4><\/h4>\n<h4 style=\"text-align: left;\"><\/h4>\n<p>Toda a mi\u00f1a traxectoria investigadora desenvolveuse no grupo ENCOMAT, traballando inicialmente no campo da corrosi\u00f3n e das t\u00e9cnicas electroqu\u00edmicas para o seu estudo. Dende a defensa da mi\u00f1a tese de doutoramento, orienteime a afondar nas caracter\u00edsticas das superficies de diversas aliaxes pasivables (aceiros inoxidables e aluminios) e as modificaci\u00f3ns para incrementar a s\u00faa resistencia \u00e1 corrosi\u00f3n e ao desgaste (implantaci\u00f3n i\u00f3nica, refusi\u00f3n l\u00e1ser, procesado por Fricci\u00f3n Batida (FSP), etc). <\/p>\n<p>Na actualidade, estou centrada fundamentalmente en d\u00faas li\u00f1as: Por unha parte, a fabricaci\u00f3n de materiais compostos de matriz aluminio nanoreforzados (con nanopart\u00edculas cer\u00e1micas ou nanotubos de carbono (MWCNT) e soldados mediante Fricci\u00f3n batida (FSW); por outra, a fabricaci\u00f3n aditiva de materiais met\u00e1licos e compostos, mediante diversas tecnolox\u00edas (LMD, WAAM, FSAM, FDM). Ao longo de todo este traxecto, a colaboraci\u00f3n co Centro Tecnol\u00f3xico AIMEN foi constante, as\u00ed como con grupos do CSIC-CENIM e da Universidade Rey Juan Carlos. Esa investigaci\u00f3n foi financiada en 25 proxectos de convocatorias auton\u00f3micas, nacionais e internacionais, sendo IP en 4 deles. Os resultados dese traballo pl\u00e1smanse en m\u00e1is 80 publicaci\u00f3ns en revistas cient\u00edficas, 60 das cales indexadas en JCR, e na presentaci\u00f3n de m\u00e1is de 115 ponencias en congresos nacionais e internacionais. <\/p>\n<p>A transferencia cara o \u00e1mbito industrial pl\u00e1smase na colaboraci\u00f3n en 34 proxectos relevantes con empresas. Nos \u00faltimos 10 anos te\u00f1o dirixido 3 teses de doutoramento, 2 delas premiadas co Premio extraordinario da Universidade de Vigo. Fun xestora do Programa sectorial de Investigaci\u00f3n Aplicada do Plan Galego de Investigacion, Desenvolvemento e Innovaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica\u201d (INCITE) da Xunta de Galicia (2006-2011). Formei parte do comit\u00e9 organizador de 2 Congresos nacionais e 1 internacional, e do comit\u00e9 cient\u00edfico de 5 Congresos. Son membro vocal de da Sociedade Espa\u00f1ola de Materiais (SOCIEMAT).<\/p>\n<h4 style=\"text-align: left;\">Cando decidiches que quer\u00edas ser investigadora?  Tiveches alg\u00fan referente feminino?<\/h4>\n<p>A verdade \u00e9 que decid\u00edn que quer\u00eda estudar Qu\u00edmica e dedicarme \u00e1 ciencia cando, sendo nena, vin unha pel\u00edcula sobre a vida de Marie Curie. Referentes m\u00e1is directos e pr\u00f3ximos atopeinos xa desenvolvendo a mi\u00f1a labor en ENCOMAT, e quixera mencionar en especial \u00e1 Dra. Carmen Andrade Perdrix que foi directora do Instituto de Ciencias de la  Construcci\u00f3n Eduardo Torroja (CSIC)  unha das maiores referentes no campo da corrosi\u00f3n, e que ten recibido numerosos galard\u00f3ns pola s\u00faa labor nun campo tan pouco chamativo. E lembro tam\u00e9n \u00e1 Dra. Concha Merino, capaz de compaxinar unha investigaci\u00f3n moi relevante cunha extensa carreira docente na UCM. <\/p>\n<h4 style=\"text-align: left;\">Que est\u00e1s investigando a d\u00eda de hoxe? Cales son os avances m\u00e1is importantes da t\u00faa investigaci\u00f3n?<\/h4>\n<p>Como xa indiquei anteriormente, unha das li\u00f1as nas que traballo na actualidade e a fabricaci\u00f3n, mediante t\u00e9cnicas de pulvimetalurxia, de materiais compostos de aluminio nano-reforzados que posteriormente son extru\u00eddos para obter perfiles e soldados mediante Friction Stir Welding. Nun dos proxectos, no que elaboramos por primeira vez un material composto de matriz AA6005 reforzado con nanopart\u00edculas de TiC, logramos obter incrementos do 40% en resistencia e~47% en ductilidade con respecto aos compostos producidos de xeito convencional. Estes materiais, que poden ser soldables mediante FSW (unha t\u00e9cnica de soldadura en estado s\u00f3lido de gran futuro na industria) poder\u00edan ser empregados no sector do transporte.<\/p>\n<h4><strong>Que che aporta a investigaci\u00f3n?<\/strong><\/h4>\n<p>\u00c9 dif\u00edcil de responder sen soar \u201ccursi\u201d. Creo que cando es unha persoa curiosa, \u00e9 o xeito natural de desenvolverte. \u00c9 unha maneira de estar alerta, activa, sen adormecer, vamos, de ser xoven de mente. Algo moi importante na outra parte da nosa profesi\u00f3n: a docencia.  <\/p>\n<h4 style=\"text-align: left;\">Por que elixiches CINTECX como centro onde desenvolver a t\u00faa labor investigadora? En que che axudou pertencer a un centro como este na t\u00faa investigaci\u00f3n?  <\/h4>\n<p>A verdade \u00e9 que non o escoll\u00edn. Pero a inclusi\u00f3n do noso grupo de investigaci\u00f3n neste centro par\u00e9ceme evidente, xa que encaixa nas li\u00f1as prioritarias do mesmo e a posibilidade de traballar con grupos doutras \u00e1reas \u00e9 algo b\u00e1sico.<\/p>\n<h4>Que dificultades atopa unha muller para desenvolver unha carreira investigadora conciliando a vida laboral e familiar? Encontraches m\u00e1is trabas no teu traballo por ser muller? <\/h4>\n<p>Como son xa moi maior, lembro que dirix\u00edn os meus pasos cara a universidade e a investigaci\u00f3n porque daquela a entrada da muller nas industrias en postos t\u00e9cnicos era realmente moi dif\u00edcil. Unha vez na universidade, debo reco\u00f1ecer quen non sent\u00edn discriminaci\u00f3n para realizar o meu traballo, tr\u00e1tase dun ambiente que en xeral \u00e9 bastante igualitario. Pero si tiven algunhas dificultades para conciliar a mi\u00f1a vida familiar coa profesional, como a necesidade de suspender as estancias no estranxeiro por coidado dos meus maiores, ou nos anos de coidado dos nenos. A pesar de que iso lle pode pasar tam\u00e9n aos investigadores var\u00f3ns, sinto que a responsabilidade recae con maior peso sobre as mulleres e, repito, especialmente hai uns anos. <\/p>\n<h4>Cres que estamos avanzando na igualdade entre homes e mulleres no \u00e1mbito cient\u00edfico-tecnol\u00f3xico? Que teitos de cristal cres que a\u00ednda quedan por romper en torno \u00e1s mulleres en \u00e1mbitos cient\u00edficos e da investigaci\u00f3n? <\/h4>\n<p>Pois creo que imos avanzando no bo cami\u00f1o e, de feito, en moitos \u00e1mbitos cient\u00edficos a participaci\u00f3n das mulleres xa iguala en % \u00e1 dos homes. Pero non \u00e9 as\u00ed no caso dos estudos de enxe\u00f1ar\u00eda, nos que a incorporaci\u00f3n das estudantes a estes estudos a\u00ednda \u00e9 moi baixa. <\/p>\n<p>A\u00ednda onte asist\u00edn a unha conferencia en li\u00f1a de <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=XjR3VWnuKQQ\" rel=\"noopener\" target=\"_blank\">SOCIEMAT<\/a>, que aporta datos que po\u00f1en de manifesto que mesmo nas sociedades occidentais segue a haber moita diferencia por x\u00e9nero na ciencia e tecnolox\u00eda, e que os avances est\u00e1n estancados. Sorprendeume moito, a verdade, pero os n\u00fameros as\u00ed o indican: menor % de proxectos financiados, menor reco\u00f1ecemento nas publicaci\u00f3ns, menor n\u00famero de cargos relevantes, menor remuneraci\u00f3n&#8230; Por iso, si penso que a\u00ednda quedan bastantes teitos de cristal, pero sobre todo temos que potenciar o acceso das estudantes aos estudos para poder ir consolidando o que se foi conseguindo e conseguir transformar a visi\u00f3n da sociedade.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: left;\">Como animar\u00edas \u00e1s nenas e estudantes novos a dedicarse \u00e1 investigaci\u00f3n?<\/h4>\n<p>Penso que as campa\u00f1as que se realizan nas xornadas do D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e xornadas similares son moi \u00fatiles, polo que haber\u00eda que seguir nesa li\u00f1a: aportando referentes. Pero deber\u00edamos poder achegarnos \u00e1s familias que, en moitos casos son as que acaban dicindo: iso non \u00e9 para mulleres. Deber\u00eda ser normal ver mulleres tecn\u00f3logas no cine, TV, non s\u00f3 m\u00e9dicas.<\/p>\n<h4 style=\"text-align: left;\">Tes algunha frase propia e persoal que po\u00f1a en valor a investigaci\u00f3n en feminino?<\/h4>\n<p>Ben, non sei se vale, e nin sequera estou certa de que non se te\u00f1a dito antes,  pero sempre pensei que \u201cA investigaci\u00f3n de verdade non deber\u00eda ter x\u00e9nero, pero para que iso sexa certo precisamos traballar todos e todas por igual e en igualdade de condici\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p><span data-offset-key=\"d5mue-0-0\">#DiaDeLaMujeryLaNinaEnLaCiencia<\/span>\u00a0<span data-offset-key=\"d5mue-2-0\">#SoyInvestigadora<\/span>\u00a0<span data-offset-key=\"d5mue-4-0\">#SoyCientifica<\/span>\u00a0<span data-offset-key=\"d5mue-6-0\">#CINTECX<\/span>\u00a0<span data-offset-key=\"d5mue-8-0\">#UniversidadeVigo<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gloria Pena &#8211; Profesora Titular de Universidad Toda a mi\u00f1a traxectoria investigadora desenvolveuse no grupo ENCOMAT, traballando inicialmente no campo da corrosi\u00f3n e das t\u00e9cnicas &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/dia-de-la-mujer-y-de-la-nina-en-la-ciencia-en-cintecx-gloria-pena-profesora-titular-de-universidad\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":242488,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-242538","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/242538","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=242538"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/242538\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":242551,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/242538\/revisions\/242551"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/242488"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=242538"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=242538"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=242538"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}