{"id":241909,"date":"2023-01-16T22:13:55","date_gmt":"2023-01-16T21:13:55","guid":{"rendered":"http:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=241909"},"modified":"2023-01-17T22:15:48","modified_gmt":"2023-01-17T21:15:48","slug":"o-goberno-concedelle-a-uvigo-mais-dun-millon-de-euros-para-por-en-marcha-nove-proxectos-proba-de-concepto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-goberno-concedelle-a-uvigo-mais-dun-millon-de-euros-para-por-en-marcha-nove-proxectos-proba-de-concepto\/","title":{"rendered":"O Goberno conc\u00e9delle \u00e1 UVigo m\u00e1is dun mill\u00f3n de euros para p\u00f3r en marcha nove proxectos \u201cproba de concepto\u201d"},"content":{"rendered":"<p>A Axencia Estatal de Investigaci\u00f3n (AEI), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n, acaba de concederlle \u00e1 Universidade de Vigo algo m\u00e1is dun mill\u00f3n de euros (1.089.970) para a posta en marcha de nove proxectos de Proba de Concepto, traballos dirixidos a acelerar a transferencia de co\u00f1ecemento e os resultados xerados en proxectos de investigaci\u00f3n b\u00e1sica, en progreso ou recentemente finalizados dentro do Plan Estatal de Investigaci\u00f3n. Son 400.000 euros m\u00e1is ca na anterior convocatoria, na que se conseguiran 681.000 euros destinados \u00e1 realizaci\u00f3n de dez proxectos. A convocatoria do ministerio contou nesta ocasi\u00f3n cun orzamento total de 40 mill\u00f3ns de euros, financiados con fondos Next Generation EU, que foron repartidos entre m\u00e1is de 80 organismos de todas as comunidades, entre eles a UVigo, a quen lle foron concedidas 9 das 17 solicitudes presentadas, o que sup\u00f3n m\u00e1is dun 50% de \u00e9xito acadado.<\/p>\n<p>\u201cA Universidade de Vigo xa ti\u00f1a unha forte traxectoria en transferencia do co\u00f1ecemento e isto manif\u00e9stase no \u00e9xito acadado, tanto nesta como na pasada convocatoria\u201d, explica a vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n Bel\u00e9n Rubio, quen subli\u00f1a que m\u00e1is do 75% (822.335\u20ac) do financiamento acadado corresponde a centros como Cintecx e atlanTTic, nos que predomina a transferencia como un efecto tractor no motor econ\u00f3mico industrial para Galicia, con tem\u00e1ticas tan diversas que afectan ao transporte, a enerx\u00eda, a sostibiiidade, e incluso ferramentas aplicadas \u00e1 medicina e a sa\u00fade. \u201cCasi o 25% restante corresponde a proxectos no marco do rec\u00e9n creado Instituto de Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n, de cara a transici\u00f3n de sistemas agroalimentarios m\u00e1is resilientes, sostibles, seguros e circulares\u201d, explica a vicerreitora, quen considera que esta intersecci\u00f3n ou sinerxia da investigaci\u00f3n entre a agricultura e a alimentaci\u00f3n desde enfoques agroecol\u00f3xicos, \u201cpromover\u00e1 unha especializaci\u00f3n intelixente baseada na colaboraci\u00f3n con empresas e a xeraci\u00f3n de impacto en produtos innovadores\u201d. <\/p>\n<h2>Seis proxectos tecnol\u00f3xicos vinculados con Cintecx<\/h2>\n<p>A maior parte dos proxectos seleccionados pertencen ao \u00e1mbito tecnol\u00f3xico e est\u00e1n liderados por investigadoras e investigadores do Cintecx, o Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, contando case todos cun orzamento que oscila entre os 100.000 e os 150.000 euros. Dentro destes proxectos vinculados ao Cintecx, o que conta cun maior orzamento (143.750 euros) \u00e9 o liderado polos profesores Jos\u00e9 Manuel Cruz e Ana Bel\u00e9n Moldes e vai dirixido a validar os usos potenciais de bisurfactantes obtidos de licores de lavado de millo como biopesticida e conservante na industria agroalimentaria, unha li\u00f1a de traballo na que o equipo  EQ10 da UVigo conta cunha longa traxectoria investigadora. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Axencia Estatal de Investigaci\u00f3n (AEI), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n, acaba de concederlle \u00e1 Universidade de Vigo algo m\u00e1is dun mill\u00f3n de &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-goberno-concedelle-a-uvigo-mais-dun-millon-de-euros-para-por-en-marcha-nove-proxectos-proba-de-concepto\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":241911,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[94],"tags":[],"class_list":["post-241909","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/241909","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=241909"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/241909\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":241916,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/241909\/revisions\/241916"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/241911"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=241909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=241909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=241909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}