{"id":224598,"date":"2022-02-11T10:41:52","date_gmt":"2022-02-11T09:41:52","guid":{"rendered":"http:\/\/cintecx.webs5.uvigo.es\/es\/?p=224598"},"modified":"2022-04-11T18:39:22","modified_gmt":"2022-04-11T16:39:22","slug":"dia-da-muller-e-da-nena-na-ciencia-en-cintecx-belen-riveiro-investigadora-principal-de-proxectos-internacionais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/dia-da-muller-e-da-nena-na-ciencia-en-cintecx-belen-riveiro-investigadora-principal-de-proxectos-internacionais\/","title":{"rendered":"D\u00eda de la mujer y de la ni\u00f1a en la ciencia en CINTECX: Bel\u00e9n Riveiro, Investigadora Principal de Proyectos Internacionales"},"content":{"rendered":"<h1 style=\"text-align: center;\"><strong>Bel\u00e9n Riveiro<\/strong><\/h1>\n<h1 style=\"text-align: center;\">Investigadora Principal de Proxectos Internacionais<\/h1>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Bel\u00e9n Riveiro Rodr\u00edguez \u00e9 profesora contratada doutora no Departamento de Enxe\u00f1ar\u00eda de Materiais, Mec\u00e1nica Aplicada e Construci\u00f3n da Universidade de Vigo. \u00c9 Doutora pola Universidade de Vigo (2011), Mestrado en Enxe\u00f1ar\u00eda da Construci\u00f3n (2015), Enxe\u00f1eira de Montes (2006). En 2011 incorporouse como profesora na Universidade de Newcastle (Reino Unido) e realizou varias estad\u00edas de investigaci\u00f3n posdoutorais: Delft University of Technology (Holanda, 2016), Universidade de Cambridge (Reino Unido, 2015), Universidade de Minho (Portugal, 2012 e 2014). A s\u00faa investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase na aplicaci\u00f3n de tecnolox\u00edas de teledetecci\u00f3n \u00e1 enxe\u00f1ar\u00eda estrutural para o modelado autom\u00e1tico, inspecci\u00f3n e supervisi\u00f3n mediante t\u00e9cnicas de aprendizaxe autom\u00e1tica. Dende o ano 2018 coordina varios proxectos centrados na mellora de resiliencia das infraestruturas cr\u00edticas, onde destacan 2 proxectos de car\u00e1cter internacional: unha acci\u00f3n do programa H2020 centrado na resiliencia das infrastruturas do transporte terrestre a eventos extremos que implica a 14 socios de 8 pa\u00edses diferentes, e outra acci\u00f3n financianda no programa Interreg Espazo Atl\u00e1ntico, sobre a resiliciencia das infrastrutuas aos riscos m\u00e1is frecuentes nas rexi\u00f3ns atl\u00e1nticas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><strong>Cando comezaches a t\u00faa carreira profesional, de docente e investigadora, tiveches alg\u00fan referente feminino?<\/strong><\/h4>\n<p>Durante a mi\u00f1a adolescencia\/xuventude, Marie Curie foi quizais a primeira referencia que tiven acerca da investigaci\u00f3n, e a verdade \u00e9 que sent\u00eda (e a\u00ednda o sinto) moita admiraci\u00f3n por ela e m\u00e1is polas circunstancias nas que tivo que desenvolver a s\u00faa carreira. No momento en que me incorporei \u00e1 carreira docente, o certo \u00e9 que no meu \u00e1mbito a maior parte dos investigadores m\u00e1is reco\u00f1ecidos eran homes, non obstante si me gustar\u00eda destacar que durante os \u00faltimos anos houbo un importante incremento de mulleres que destacan pola s\u00faa traxectoria profesional no meu \u00e1mbito.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>En qu\u00e9 proxectos est\u00e1s colaborando a d\u00eda de hoxe? Que che aporta a investigaci\u00f3n?<\/strong><\/h4>\n<p>actualmente participo en varios proxectos de \u00e1mbito nacional (2 proxectos, financiados pola Axencia Estatal de Investigaci\u00f3n e m\u00e1is pola Fundaci\u00f3n BBVA a trav\u00e9s dunha Bolsa Leonardo) e internacional (4 proxectos do programa H2020 e 1 proxecto Interreg), casi todos centrados na utilizaci\u00f3n de xeotecnoloxias e outras t\u00e9cnicas de monitorizaci\u00f3n estrutural para a documentaci\u00f3n, inspecci\u00f3n, monitorizaci\u00f3n e avaliaci\u00f3n de infraestruturas cr\u00edticas tales como pontes, estradas, redes ferroviarias, etc. Para levar a cabo a an\u00e1lise dos datos integramos m\u00e9todos de an\u00e1lise avanzados baseados en intelixencia artificial, tales como a Aprendizaxe Autom\u00e1tica (Machine Learning) e Aprendizaxe Profunda (Deep Learning).<\/p>\n<p>Dentro das responsabilidades como Profesora de Universidade, o certo \u00e9 que a investigaci\u00f3n \u00e9 a compo\u00f1ente que m\u00e1is me gusta. Primeiro porque \u00e9 un traballo que nos obliga a seguir aprendendo todos os d\u00edas e nos permite contribu\u00edr \u00e1 xeraci\u00f3n de novo co\u00f1ecemento. Ademais, polas condici\u00f3ns nas que deselvolvo a mi\u00f1a investigaci\u00f3n. Por exemplo, gracias ao financiamento que recibimos a trav\u00e9s de proxectos de investigaci\u00f3n, e que t\u00edpicamente nos permite traballar en grandes equipos, con socios de diferentes disciplinas, diferentes pa\u00edses e culturas, e involucrando a persoas dos sectores acad\u00e9mico e industrial, ao final resulta unha experiencia moi enriquecedora tanto dende\u00a0o punto de vista profesional como persoal.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>Actualmente compaxinas o teu labor docente e investigador coa xesti\u00f3n e coordinaci\u00f3n de proxectos europeos, como consegues conciliar vida laboral e familiar?<\/strong><\/h4>\n<p>A conciliaci\u00f3n familiar \u00e9 quizais a parte m\u00e1is complicada na mi\u00f1a vida actual. Non obstante, te\u00f1o a sorte de contar con apoio familiar para que tanto a mi\u00f1a parella coma min poidamos conciliar os nosos traballos co coidado da nosa filla. A\u00ednda as\u00ed, iso non evita que en determinados momentos sexa duro compatibilizar a maternidade con certas obrigas derivadas da participaci\u00f3n en proxectos europeos. No meu caso, creo que o m\u00e1is duro foi ter que facer viaxes de varios d\u00edas deixando un beb\u00e9 de poucos meses na casa.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>Con que dificultades te atopaches para desenvolver a t\u00faa carreira profesional? Atopaches m\u00e1is trabas ao liderar equipos polo feito de ser muller?<\/strong><\/h4>\n<p>Unha das principais dificultades \u00e1s que me tiven que enfrontar nesta profesi\u00f3n foi o cambio nas metodolox\u00edas de aprendizaxe. Cando rematei a carreira estaba acostumada a que a para a maior parte dos contidos que ti\u00f1a que estudar, os profesores me guiasen (apuntes, libros m\u00e1is relevantes, etc.). Cando me iniciei na investigaci\u00f3n, descubr\u00edn que ningu\u00e9n facilitaba o material a estudar, sen\u00f3n que era a mi\u00f1a responsabilidade pesquisar cales eran as mellores referencias para aprender, artigos m\u00e1is relevantes, libros, etc.<\/p>\n<p>Outras dificultades coas que me atopei durante etapas previas da mi\u00f1a carreira profesional est\u00e1n relacionadas cos idiomas cando tiven que facer estad\u00edas de investigaci\u00f3n no extranxeiro, integrarme en diferentes culturas e con equipos de traballo con diferentes din\u00e1micas \u00e1s que eu estaba acostumada. Non obstante, estas \u00faltimas dificultades torn\u00e1ronse en oportunidades de cremento persoal, e en poucas semanas\/meses consegu\u00eda atoparme a gusto en todos os pa\u00edses aos que me tiven que desplazar durante a mi\u00f1a formaci\u00f3n pre- e posdoutoral.<\/p>\n<p>En canto a dificultades engadidas polo feito de ser muller, te\u00f1o que dicir que non son consciente de que o meu x\u00e9nero me causase ningunha dificultade. Tiven a sorte de trallar sempre con equipos onde o que se valora \u00e9 o esforzo, o traballo en equipo, a capacidade e o m\u00e9rito, polo que o x\u00e9nero das persoas nunca facilitou nin dificultou o nosa labor.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>Coordinar proxectos internacionais axudouche a superar algunhas dificultades na t\u00faa carreira?<\/strong><\/h4>\n<p>Te\u00f1o que decir que a pesares do volume de traballo que sup\u00f3n a coordinaci\u00f3n de proxectos europeos, a aprendizaxe que sup\u00f3n compensa sobradamente o esforzo. No meu caso, agora que o proxecto m\u00e1is grande que coordinei (cun orzamento de 4,5 mill\u00f3ns de euros e 14 socios de diferentes pa\u00edses) est\u00e1 a piques de rematar, se fago balance de todo o que aprend\u00edn nestos anos, a verdade \u00e9 que ga\u00f1ei moito a nivel co\u00f1ecementos, capacidade de coordinaci\u00f3n e trato con personas de culturas diferentes, mellora nas mi\u00f1as habilidades de comunicaci\u00f3n, etc. Adem\u00e1is, coa experiencia ga\u00f1ada res\u00faltame moito m\u00e1is f\u00e1cil establecer relaci\u00f3ns con novos potenciais colaboradores, preparaci\u00f3n de novas propostas competitivas, etc.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>Como animar\u00edas \u00e1s nenas e novos estudantes a dedicarse \u00e1 investigaci\u00f3n?<\/strong><\/h4>\n<p>Pois a d\u00eda de hoxe penso que a sociedade \u00e9 consciente de que cada d\u00eda nos enfrontamos a novos retos e problemas para os que non existen soluci\u00f3ns. Sendo conscientes disto, poucos argumentos son precisos para convencer aos mozos de que est\u00e1 nas s\u00faas mans a posibilidade de xerar o co\u00f1ecemento do futuro.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<h4><strong>Tes algunha frase propia e personal que po\u00f1a en valor a investigaci\u00f3n en feminino?<\/strong><\/h4>\n<p>A investigaci\u00f3n \u00e9 a ferramenta que temos para crear o co\u00f1ecemento do futuro.\u00a0 Para chegar a desenvolver unha carreira de \u00e9xito temos as chaves que son o compromiso, a paciencia, a humildade, a perseverancia, e sobre todo,\u00a0 nunca perder a ilusi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bel\u00e9n Riveiro Investigadora Principal de Proxectos Internacionais &nbsp; Bel\u00e9n Riveiro Rodr\u00edguez \u00e9 profesora contratada doutora no Departamento de Enxe\u00f1ar\u00eda de Materiais, Mec\u00e1nica Aplicada e Construci\u00f3n &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/dia-da-muller-e-da-nena-na-ciencia-en-cintecx-belen-riveiro-investigadora-principal-de-proxectos-internacionais\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":224599,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-224598","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224598","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=224598"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224598\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":234044,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224598\/revisions\/234044"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/224599"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=224598"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=224598"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=224598"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}