{"id":224311,"date":"2020-12-18T17:55:58","date_gmt":"2020-12-18T16:55:58","guid":{"rendered":"http:\/\/cintecx.webs5.uvigo.es\/es\/?p=224311"},"modified":"2022-03-05T10:56:53","modified_gmt":"2022-03-05T09:56:53","slug":"o-grupo-laseron-recibe-o-primeiro-premio-do-instituto-americano-do-laser","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-grupo-laseron-recibe-o-primeiro-premio-do-instituto-americano-do-laser\/","title":{"rendered":"O grupo LaserON recibe o primeiro premio do Instituto Americano do L\u00e1ser"},"content":{"rendered":"<p>O grupo de Aplicaci\u00f3ns dos L\u00e1seres (LaserON) da Universidade de Vigo acaba de ver reco\u00f1ecido o seu traballo co primeiro premio do LIA (Laser Institute of America). O galard\u00f3n William M. Steen Award out\u00f3rgase a organizaci\u00f3ns cunha significativa innovaci\u00f3n no uso de l\u00e1seres para o procesamento avanzado de materiais. En concreto, os investigadores da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial acadaron esta distinci\u00f3n polo desenvolvemento dun proceso que permite, por primeira vez, conseguir nanofibras de vidro sen limitaci\u00f3n de lonxitude. Patentado e bautizado como Cofiblas (Continuous fiberizing by laser melting \u2013 fibrado continuo por fusi\u00f3n l\u00e1ser), combina un l\u00e1ser de alta potencia e un chorro supers\u00f3nico de aire para quentar e moldear o material de partida, conseguindo fibras de vidro continuas e dun espesor que pode ser controlado a vontade, entre 300 nan\u00f3metros e 30 micras. Para facerse unha idea, os investigadores apuntan que un cabelo humano medio ten un espesor de 70-80 micras.<\/p>\n<p>A catedr\u00e1tico Juan Pou, coordinador do grupo, considera que recibir este galard\u00f3n \u00e9 unha \u201cenorme satisfacci\u00f3n\u201d por tres raz\u00f3ns. Por unha banda, porque \u00e9 un premio colectivo, que recibe todo o grupo de investigaci\u00f3n que leva m\u00e1is de 25 anos traballando nas aplicaci\u00f3ns dos l\u00e1seres na EE Industrial. \u201cGustar\u00edame facelo extensivo a todas as persoas que nos axudaron durante todo este tempo, inclu\u00eddo o persoal de administraci\u00f3n e servizos\u201d. En segundo lugar, remarca que \u00e9 un premio \u201cno que compiten as instituci\u00f3ns de investigaci\u00f3n e desenvolvemento no campo da tecnolox\u00eda l\u00e1ser m\u00e1is relevantes de todo o mundo\u201d, dende EEUU e Europa a Xap\u00f3n ou China\u2026 \u201ccompetimos por este premio e foi para a nosa Universidade\u201d. De feito, os investigadores da UVigo fix\u00e9ronse coa distinci\u00f3n por diante do NIST (National Institute of Standards and Technology), de EEUU, e da empresa alem\u00e1 de tecnolox\u00eda l\u00e1ser Precitec, que acadaron o segundo e terceiro lugar respectivamente. Finalmente, Pou destaca tam\u00e9n o feito de que o premio leve o nome do profesor William Steen, \u201cpioneiro na aplicaci\u00f3n do l\u00e1ser para o procesamento de materiais, con quen o estra\u00f1ado profesor Mariano P\u00e9rez-Amor, fundador do noso grupo de investigaci\u00f3n, iniciou unha colaboraci\u00f3n e amizade nos anos 80 que perdura hoxe en d\u00eda entre n\u00f3s e o xa retirado profesor Steen\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O grupo de Aplicaci\u00f3ns dos L\u00e1seres (LaserON) da Universidade de Vigo acaba de ver reco\u00f1ecido o seu traballo co primeiro premio do LIA (Laser Institute &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/o-grupo-laseron-recibe-o-primeiro-premio-do-instituto-americano-do-laser\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":224312,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-224311","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224311","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=224311"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224311\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":224315,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/224311\/revisions\/224315"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/224312"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=224311"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=224311"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=224311"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}