Persoal técnico de apoio para o grupo BIOSUV

Número de prazas: 1
Xornada: A tempo parcial
Duración: 10 meses
Categoría: Persoal técnico de apoio
Retribución: 920 euros brutos/mes (inclúe prorrateo pagas extras)
Data prevista de inicio: 01/12/2021
Lugar de traballo: Edificio Isaac Newton, Campus Universitario, Vigo

Liña de investigación “Biotecnoloxía e procesos sostibles” no marco dunha axuda a Grupos de Referencia Competitiva da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Ref. ED431C 2021/43)

Requisitos e perfil do candidato

  • Estudos finalizados de FP2 de Técnico/a especialista en análise, rama Química
  • Experiencia en: Análise de propiedades físicas, Modelado de datos experimentais de equilibrio, Síntese e caracterización de disolventes de deseño e Procesos biotecnolóxicos

Selección
A selección realizarase en base a:

  • Experiencia de laboratorio na temática do proxecto
  • Expediente académico
  • Outros méritos
  • Entrevista personal (se é preciso)
  • Comisión de selección

    • Unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación será a encargada do proceso selectivo, nos prazos establecidos pola Normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal. Tras a avaliación do CV comunicarase ás persoas candidatas a resolución desta etapa do proceso selectivo e, de ser necesario, convocarase a unha entrevista persoal a aquelas que resultasen preseleccionadas. A resolución de persoa seleccionada e lista de reserva comunicarase ás persoas candidatas ao final do proceso. A convocatoria poderase declarar deserta, en caso de non haber ningún candidato/a adecuado/a.

    Documentación

    • Curriculum vitae completo
    • Expediente académico

    Lugar de presentación

    • A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico mlongo@uvigo.es

    Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de setembro de 2021 ás 14:00 horas.