Número de prazas: | 1 |
Xornada: | A tempo parcial |
Duración: | 10 meses |
Categoría: | Persoal técnico de apoio |
Retribución: | 920 euros brutos/mes (inclúe prorrateo pagas extras) |
Data prevista de inicio: | 01/12/2021 |
Lugar de traballo: | Edificio Isaac Newton, Campus Universitario, Vigo |
Liña de investigación “Biotecnoloxía e procesos sostibles” no marco dunha axuda a Grupos de Referencia Competitiva da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Ref. ED431C 2021/43)
Requisitos e perfil do candidato
- Estudos finalizados de FP2 de Técnico/a especialista en análise, rama Química
- Experiencia en: Análise de propiedades físicas, Modelado de datos experimentais de equilibrio, Síntese e caracterización de disolventes de deseño e Procesos biotecnolóxicos
Selección
A selección realizarase en base a:
- Experiencia de laboratorio na temática do proxecto
- Expediente académico
- Outros méritos
- Entrevista personal (se é preciso)
- Unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación será a encargada do proceso selectivo, nos prazos establecidos pola Normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal. Tras a avaliación do CV comunicarase ás persoas candidatas a resolución desta etapa do proceso selectivo e, de ser necesario, convocarase a unha entrevista persoal a aquelas que resultasen preseleccionadas. A resolución de persoa seleccionada e lista de reserva comunicarase ás persoas candidatas ao final do proceso. A convocatoria poderase declarar deserta, en caso de non haber ningún candidato/a adecuado/a.
- Curriculum vitae completo
- Expediente académico
- A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico mlongo@uvigo.es
Comisión de selección
Documentación
Lugar de presentación
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de setembro de 2021 ás 14:00 horas.