Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1427 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
Xornada: | Tempo completo (37.5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución da convocatoria deste contrato. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato | Indefinida. |
Salario bruto mensual | 1.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo |
Categoría laboral: | Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2) |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da
Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar
Apoio ás labores de deseño de equipos e fabricación de prototipos.
Requisitos
- Titulación requirida: Bacharelato/FP2 (Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo dende o 01/03/2023 ata o día de inicio deste contrato, por ser requisito da axuda concedida para a realización do proxecto)
Méritos a valorar
- Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co perfil da praza (40 puntos)
- Formación: Alumnado que esté a cursar o Grao en Tecnoloxías Industrias ou do ámbito da Enxeñaría Industrial (30 puntos) .
- Méritos Xerais adecuados para o traballo, como coñecemento de idiomas, cursos, etc. (30 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Jacobo Porteiro Fresco.
- Secretario: David Patiño Vilas.
- Vogal: Miguel Ángel Gómez Rodríguez .
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de setembro de 2024.