Contrato de investigación posdoutoral GTE

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: 32 horas/semana
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2021
Duración: 6 meses iniciais con posibilidade de prórroga (6 meses máis).
Remuneración: 1670 € mensuais brutos
Lugar de traballo: CINTECX (Campus de Vigo)

Proxecto: RTC2019-006955-4 Desenvolvemento de novas tecnoloxías de quentadores de líquido de alta voltaxe (HVCH) para abordar os futuros retos da xestión térmica en vehículos electrificados. – NETEHEV

Requisitos e perfil do candidato

  • Doutor en enxeñería (ámbito industrial, minas e enerxía, aeroespacial).
  • Coñecementos e experiencia previa demostrables en entornos de simulación CFD/FEM.
  • Coñecementos e experiencia previa demostrables en desenvolvemento de modelos numéricos para CFD/FEM.

Selección

  • Valorarase o CV profesional e a súa adecuación ás tarefas para realizar, igualmente considerarase a experiencia profesional previa, así como competencia en idiomas, e outras capacidades

Documentación

Data límite de recepción de candidaturas:A data límite para o envío das solicitudes é o 1 de decembro de 2020.