Número de prazas: | 1 |
Duración | 6 meses iniciais, prorrogables ata 3 anos orientado ao desenvolvemento de tese doutoral |
Remuneración: | Retribución bruta mensual para o ano 2022: 1400 € |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. |
Proxecto «Massive Geospatial Data Storage and Processing for Intelligent and Sustainable Urban Transportation (MaGIST)» do programa «Proxectos I+D+i» 2019 – Modalidade «Retos Investigación»
Requisitos e perfil do candidato
- Formación/coñecementos: Enxeñeiro/Mestrado en titulacións relacionadas coa enxeñería civil, industrial, telecomunicacións, e informática.
- Nivel mínimo de inglés: equivalente a B2 ou superior.
Funcións
- Desenvolver liñas de traballo orientadas á automatización do procesamento de datos xeoespaciais
Criterios de selección
- O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades do candidato/a, e nunha entrevista persoal de ser necesario. Será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
- A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
- No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.
Comisión de selección
- O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
Documentación a presentar
- Curriculum vitae completo.
- Copia expediente académico (formato PDF).
Lugar de presentación da documentación
- A documentación deberá enviarse ao correo electrónico: lucia@uvigo.es.
Data límite de recepción de candidaturas: 30 de outubro de 2021.