Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato por obra ou servizo |
Xornada: | A tempo parcial |
Duración: | Duración: 6 meses, con posibilidades de ampliación |
Remuneración: | 960€ brutos/mes. |
Lugar de traballo: | CINTECX (Campus de Vigo) |
Contratación de persoal de investigación para a líña de investigación Tecnoloxía Medioambiental do Grupo de investigación BIOSUV (http://biosuv.uvigo.es/) da Universidade de Vigo.
Requisitos e perfil do candidato
- Estudios superiores finalizados de Química, Enxeñería Química, Enxeñería en Química Industrial, Enxeñería Industrial o titulación afíns.
- Expediente académico competitivo.
- Dispoñibilidade para incorporación inmediata.
- Bo nivel de inglés.
Selección
- Currículum vítae.
- Tipo de titulación que se acredita (grao ou mestrado).
- Expediente académico do grao ou mestrado (coas cualificacións desagregadas por materias, nota media do expediente e nota media da titulación nesa promoción).
- Experiencia de laboratorio (se é o caso).
- Coñecemento de idiomas, preferiblemente inglés.
- Historial laboral (se é o caso).
- Outros méritos.
- Entrevista persoal (no caso de ser necesaria).
Comisión de selección
- O proceso selectivo será resolto por una Comisión formada por profesores do grupo de investigación, no prazo máis breve posible.
- A os/as candidatos/as que presenten un perfil adecuado para o contrato, poderase convocar a una entrevista persoal, en caso de considerarse necesario. No caso de que a avaliación non sexa satisfactoria, a comisión poderá declarar deserto o contrato.
Documentación
- Expediente académico.
- Currículum vítae.
Lugar de presentación
- Cubrindo este formulario en liña: https://forms.gle/T2sy6PwFwwbDYZz37, no cal pódese achegar a documentación solicitada.
- No caso de ter problemas co envío da documentación, esta pódese enviar por correo electrónico a: mcurras@uvigo.es, indicando a referencia CV_MAMB_PRIMER APELLIDO_NOMBRE no asunto da mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de xullo de 2021.