| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1745 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 12 meses. |
| Salario bruto mensual | 1592,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo |
| Categoría laboral: | Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF). |
Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Contribución española al avance en la ciencia de los Neutrinos DUNE.
Traballo a realizar:
Realización da tese de doutoramento relacionada coa simulación CFD de detectores de Argón líquido.
Requisitos
- Mestrado en Matemática Industrial. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato.
Méritos a valorar
- Formación académica (15 puntos).
- Nivel de inglés B1 (15 puntos).
- Experiencia en modelado térmico de detectores de partículas. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballo de fin de mestrado e formación (25 puntos).
- Experiencia en modelado CFD de detectores de partículas. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballo de fin de máster e formación (30 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista só realizarase cos candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden un mínimo de 50 puntos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidenta: Jacobo González Baldonedo.
- Secretario: Joaquín Collazo Rodríguez.
- Vogal: Sofía Suárez García.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de xaneiro de 2026.
