2025-165882 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1704
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación.
OFERTA BASEADA NUNHA RESOLUCIÓN PROVISIONAL OU COMUNICACIÓN FORMAL DA ENTIDADE FINANCIADORA
Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana) .
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 2200 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato indefinido vinculado á liña de investigación.
OFERTA BASEADA NUNHA RESOLUCIÓN PROVISIONAL OU COMUNICACIÓN FORMAL DA ENTIDADE FINANCIADORA

Traballo a realizar:
Desenvolvemento de dispositivos electrónicos de monitorización ambiental.
Requisitos

  • Enxeñaría ou grao de Automática e Electrónica, Telecomunicación ou Informática.

Méritos a valorar

  • Formación académica universitaria (30 puntos).
  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co traballo e funcións a realizar (30 puntos).
  • Formación Específica: Programación de microcontroladores, bases de datos e comunicación IoT (25 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente á/aos 3 candidatos/as que teñan mellor
    CV (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Pablo Eguía Oller.
  • Secretario: Raquel Pérez Orozco.
  • Vogal: Enrique Granada Álvarez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de novembro de 2025.