Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1390 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato | Indefinida |
Salario bruto mensual | 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo |
Categoría laboral: | Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da
Ciencia).
Traballo a realizar
Análise e deseño de convertidores electrónicos de potencia de AC.
Requisitos
- Grao en enxeñería ou similar.
Méritos a valorar
- Experiencia en deseño de estratexias de control de convertidores de potencia (30 puntos).
- Experiencia en deseño de circuitos electrónicos de potencia (30 puntos).
- Coñecementos de electrónica de potencia e sistemas eléctricos de potencia (30 puntos).
- Entrevista persoal(10 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Jesús Doval Gandoy.
- Secretario: Javier Casas Pardal.
- Vogal: Miguel Comesaña Martínez.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 10 de xullo de 2024.