1623-117263 R3B early Phase experiments @FAIR

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato 17 meses e 7 días
Salario bruto mensual 1.516,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Referencia do proxecto: PID2021-125771NB-C22

Contratación dun investigador predoutoral para o proxecto FAIR

Traballo a realizar

Deseño e Integración Mecánica de Sensores de Tracking para o Laboratorio R3B-FAIR baseados en tecnoloxías de tipo scintillating-fibers.

Requisitos

  • Master en Enxeñería Industrial (Mecánica)

Méritos a valorar

  • Título Master en Enx. Ind. Mecánica. Outras especialidades de Master de Enx. Industrial poden valorarse segundo experiencia amosada. (20 puntos)
  • O candidato debe reunir as condicións necesarias para iniciar o programa de doutoramento V12D020P06 de Uvigo https://www.uvigo.gal/es/estudar/acceder/acceso-doutorados ** condición excluínte ligada ao tipo de financiamiento. (20 puntos)
  • Idiomas: Inglés fluído demostrable: compresión, escritura, lectura, fala. Coñecementos de alemán é un extra.(20 puntos).
  • Experiencia en desenvolvemento de proxectos en colaboracións internacionais. Experiencia en desenvolvemento de instrumentación de física experimental (HEP, nuclear, tracking). Experiencia en deseño CAD, avaliación estrutural numérica tipo FEM. Experiencia en deseño de fabricación. Montaxe de prototipos. (35 puntos).
  • Entrevista (5 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Enrique Casarejos Ruiz.
  • Secretario: Abraham Segade Robleda.
  • Vogal: Marcos Lopez Lago.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 27 de setembro de 2023.