| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato indefinido vinculado á liña de investigación. |
| Xornada: | Tempo parcial (18,75 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | 16/10/2026. |
| Duración do contrato: | Indefinida. |
| Salario bruto mensual | 901,25 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería de Industrial – Sede Campus |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Traballo a realizar:
A persoa contratada realizará tarefas relacionadas co deseño e desenvolvemento de equipamento experimental para a caracterización mecánica de pericardio bovino mediante ensaios de tracción e flexión, así como co apoio na realización e análise dos ensaios experimentais.
Requisitos
- Grao en Enxeñaría Biomédica. Nivel mínimo de inglés B2 ou equivalente.
Méritos a valorar
- Nivel de inglés acreditado mediante certificado oficial (25 puntos).
- Formación académica (15 puntos).
- Experiencia en laboratorio, caracterización mecánica ou traballo con tecidos biolóxicos. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballos fin de grao ou mestrado, prácticas e formación específica (25 puntos).
- Experiencia en deseño mecánico, fabricación de prototipos, programación ou uso de ferramentas de enxeñaría (CAD, traballo con datos, MATLAB ou Python). Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballos fin de grao ou mestrado, prácticas e formación específica (20 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista só se realizará aos candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden como mínimo 50 puntos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Abraham Segade Robleda.
- Secretario: Gloria María Pena Urís.
- Vogal: Iria Feijoo Vázquez.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de setembro de 2026.
