| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). |
| Xornada: | Tempo completo (37.5 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | 01/10/2026. |
| Duración do contrato: | 16 meses. |
| Salario bruto mensual | 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo). |
| Categoría laboral: | Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF). |
Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Traballo a realizar:
Realización da tese de doutoramento relacionada coa integración de datos xeoespaciais de condición.
Requisitos
- Grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía.
- Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato
Méritos a valorar
- Expediente académico do grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía (30 puntos).
- Mestrado e outra formación debidamente acreditada relacionados coas tareas do contrato (20 puntos).
- Experiencia investigadora e CV relacionados coas tarefas do contrato (35 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mercedes Solla Carracelas.
- Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila a.
- Vogal: Jesús Balado Frías.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.
