1026-182677 PRESTOALIGN: INVESTIGACIÓN NO DESENVOLVEMENTO DE SENSORIZACIÓN DE RESPOSTA MECÁNICA EN FÉRULAS PARA ORTODONCIA

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana).
Data probable de inicio: 15/09/2026.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual 1.803 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo).
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Desenvolvemento dun dispositivo biomédico sensorizado para aplicacións en ortodoncia, incluíndo o deseño, simulación, fabricación de prototipos e experimentación.

Requisitos

  • Enxeñaría en Biomedicina.

Méritos a valorar

  • Formación académica e oñecemento de idiomas (30 puntos).
  • Experiencia na temática do proxecto (55 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Rafael Comesaña Piñeiro.
  • Secretario: Aida Badaoui Fernández.
  • Vogal: Antonio Riveiro Rodríguez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.