1026-182505 VALORIZACIÓN CIRCULAR DE BIOMASA EN INFRAESTRUTURA LINEAL CON XESTIÓN PREDICTIVA E IA (BIOLIN). PROGRAMA NEXOS 2025

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo parcial (30 horas/semana) .
Data probable de inicio: 01/10/2026.
Duración do contrato: Indefinido.
Salario bruto mensual 1.330,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo./td>
Categoría laboral: Persoal técnico especialista de apoio á investigación.

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Apoio na realización de experimentos dentro do proxecto de pirólise e nas determinacións analíticas, así como no desenvolvemento dos ensaios planificados no proxecto BIOLIN.

Requisitos

  • Título de FP grao medio, Bacharelato ou equivalente.

Méritos a valorar

  • Formación académica e outros cursos de formación (40 puntos).
  • Experiencia profesional relacionada coa temática do traballo a desenvolver (45 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mª Angeles Sanroman Braga .
  • Secretario: Marta Pazos Currás.
  • Vogal: Emilo Rosales Villanueva.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.