1026-182103 Aceleración da innovación en seguridade do mantemento vial con drons intelixentes, conos robóticos e procesamento on-the-edge

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo parcial (19 horas/semana).
Data probable de inicio: 1/10/2026.
Duración do contrato: 6 meses.
Salario bruto mensual 850 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus de Vigo)
Categoría laboral: Persoal técnico especialista de apoio á investigación.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Apoio no desenvolvemento e implementación de prototipos de conos de seguridade robóticos autónomos (T2.2).

Requisitos

  • FP en Robótica ou Bacharelato Tecnolóxico.

Méritos a valorar

  • Formación académica. Coñecemento de idiomas (20 puntos).
  • Expediente académico da titulación requirida (10 puntos).
  • Formación específica en Enxeñaría Mecánica e Automática (40 puntos).
  • Experiencia acreditable relacionada coa tarefa a desenvolver (15 puntos)
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos
    méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Joaquín Martínez Sánchez .
  • Secretario: Pedro Arias Sánchez .
  • Vogal: Mercedes Solla Carracelas.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.