| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses) . |
| Xornada: | Tempo parcial (18,75 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | 16/09/2026. |
| Duración do contrato: | 2 meses e medio |
| Salario bruto mensual | 1.275,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo./td> |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar:
A persoa contratada realizará tarefas relacionadas coa modelización e análise de sistemas dinámicos multicorpo con sólidos flexibles, a implementación de modelos numéricos e a aplicación de técnicas de redución de orde para mellorar a eficiencia computacional das simulacións.
Requisitos
- Grao en enxeñaría (rama industrial) .
Méritos a valorar
- Formación académica (20 puntos).
- Nivel de inglés acreditado mediante certificado oficial (20 puntos).
- Experiencia en modelado e simulación mediante técnicas multicuerpo, análise dinámico de mecanismos ou simulación de sistemas mecánicos. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballos fin de grao ou mestrado, prácticas e formación específica (25 puntos).
- Experiencia demostrable en programación: C, Matlab, Python, LabVIEW (20 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Enrique Casarejos Ruiz.
- Secretario: Abraham Segade Robleda .
- Vogal: Sofía Suárez García.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.
