1026-180909 Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4).
Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana).
Data probable de inicio: 01/10/2026.
Duración do contrato: 14 meses.
Salario bruto mensual 1.583,93 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo).
Categoría laboral: Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF).

Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Traballo a realizar:
Realización da tese de doutoramento en Enxeñaría química no desenrollo de materiais respetuosos co medioambiente deseñados para a purificación da agua

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría Química, Enxeñaria dos Materiais, Grao en Química, Grao en Ciencias Ambientais.
  • li>Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato

Méritos a valorar

  • Formación académica, linguas extranxeiras, estadías e outros méritos (30 puntos).
  • Formación específica para o proxecto, experiencia acreditable, méritos de investigación (60 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (10 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Marta María Pazos Currás.
  • Secretario: María Ángeles Sanromán Braga.
  • Vogal: Emilio Rosales Villanueva.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.