| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1892 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida . |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | 16/09/2026. |
| Duración do contrato: | Indefinido. |
| Salario bruto mensual | 1.802,50 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo./td> |
| Categoría laboral: | Persoal técnico medio de apoio á investigación. |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar:
Apoio á execución e xestión dos proxectos do grupo GTE.
Requisitos
- Grao ou equivalente en Economía .
Méritos a valorar
- Formación académica, experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas (30 puntos).
- Formación específica relacionada co posto, ou outras titulacións afíns (15 puntos).
- Experiencia acreditable relacionada co traballo a desenvolver (40 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: José Luis Míguez Tabarés .
- Secretario: David Patiño Vilas.
- Vogal: Concepción Paz Penín.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de xullo de 2026.
