| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1851 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). |
| Xornada: | Tempo parcial (19 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 5 meses e medio. |
| Salario bruto mensual | 850 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial |
| Categoría laboral: | Persoal técnico especialista de apoio á investigación. |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Traballo a realizar:
Apoio no desenvolvemento e implementación de prototipos de conos de seguridade robóticos autónomos (T2.2).
Requisitos
- FP de grao superior en Robótica ou Bacharelato Tecnolóxico.
Méritos a valorar
- Formación académica. Coñecemento de idiomas (20 puntos).
- Expediente académico da titulación requirida (10 puntos).
- Formación específica en Enxeñaría Mecánica e Automática (40 puntos).
- Experiencia acreditable relacionada coa tarefa a desenvolver (15 puntos).
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
- Secretario: Pedro Arias Sánchez.
- Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de maio de 2026.
