0526-176504 Monitorización de estradas mediante tecnoloxías de teledetección radar de última xeración

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1839
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana) .
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 6 meses.
Salario bruto mensual 1.802,50 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Integración de datos xeoespaciais de condición.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía.

Méritos a valorar

  • Expediente académico do Grao en Enxeñaría Xeomática ou Xeografía (30 puntos).
  • Mestrado e outra formación debidamente acreditada relacionados coas tarefas do contrato (20 puntos)
  • Experiencia investigadora e cv relacionados coas tarefas do contrato (35 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidenta: Mercedes Solla Carracelas .
  • Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila .
  • Vogal: Jesús Balado Frías.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 5 de maio de 2026.