2023-122623 Software multi-capa para o procesamento en liña de datos lídar enfocado á monitorización do transporte

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato 6 meses
Salario bruto mensual 2.050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo
Referencia do proxecto: PDC2022-133851-I00

Contratación dun investigador para o proxecto software multi-capa para o procesamiento en liña de datos lídar enfocado á monitorización do transporte

Traballo a realizar

Captura e análise de datos mediante sensores LiDAR.

Requisitos

  • Máster

Méritos a valorar

  • Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (Máster) (25 puntos)
  • Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas (45 puntos).
  • Outra formación relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos)
  • Entrevista (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
  • Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila.
  • Vogal: Pedro Arias Sánchez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 29 de novembro de 2023.