1623-117614 Mantemento preditivo-cognitivo para a xestión integrada do ferrocarril -4RAIL

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)
Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato 6 meses
Salario bruto mensual 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Referencia do proxecto: CPP2021-008374

Contratación dun investigador para o proxecto 4RAIL

Traballo a realizar

Desenvolvemento de algoritmia para procesamento automatizado de datos LiDAR.

Requisitos

  • Grao e Mestrado (ou equivalentes)

Méritos a valorar

  • Titulación grao e mestrado e expediente, relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e xestión de infraestruturas (30 puntos)
  • Matriculado en programa de doutoramento ou aceptacion nun programa no curso 22/23 o 23/24,relacionado coas Xeotecnoloxías Aplicadas (25 puntos).
  • Experiencia investigadora e cv, relacionados coas Xeotecnoloxías Aplicadas e a xestión de infraestruturas (30 puntos).
  • Entrevista (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Belén Riveiro Rodríguez.
  • Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila.
  • Vogal: Pedro Arias Sánchez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 27 de setembro de 2023.