1123-111328 EVALUATION OF THE PERFORMANCE AND DURABILITY OF A TRANSCATHETER AORTIC VALVE

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Liña de investigación:
Xornada: 18 horas/semana
Data probable de inicio A partir da resolución da convocatoria deste contrato. Na data que se establezca na mesma.
Categoría laboral Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Duración do contrato 3 meses
Salario bruto mensual 875,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: E.T.S. DE ENXEÑEIROS INDUSTRIALES DE VIGO
Referencia CO-0088-2021

Traballo a realizar
Apoio en tarefas de cálculo por elementos finitos da válvula analizada no proxecto. Funcións: O candidato realizará soporte xeral en tarefas de cálculo mediante programas de elementos finitos: preparación de malla, xeometría, aplicación de materiais, condicións de contorno e postprocesado. O traballo realízase con materiais específicos de aplicacións biomédicas: tecidos biolóxicos, aleacións superelásticas, etc.

Requisitos

  • Graduado en Enxeñería Biomédica

Méritos a valorar

  • Experiencia Profesional: Experiencia en cálculo por elementos finitos de válvulas aórticas. Valorarase a afinidade de experiencia profesional, traballo fin de grao, formación. (35 puntos)
  • Experiencia e coñecemento do comportamento mecánico de materiais empregados na fabricación de válvulas aórticas transcatéter. Valorarase a afinidade de experiencia profesional, traballo fin de grao, formación. (35 puntos)
  • Formación: Formación Académica relacionada co posto (15 puntos).
  • Entrevista persoal (15 puntos).

Comisión de selección

  • Presidente: Abraham Segade Robleda.
  • Secretario: José Ángel López Campos.
  • Vogal: Enrique Casarejos Ruiz.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo , entrando en Procedementos e trámites/PAS/PDI e premendo no enlace UCPI 1123- Concurso de méritos para a contratación de persoal investigador e deberán indicar no asunto UNICAMENTE a REFERENCIA DA OFERTA. De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas estranxeiras extracomunitarias poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos, para o cal deben iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes rematará ás 23:59 horas do 26 de xuño de 2023.

O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.

Enlace a la convocatoria: CONCURSO DE MÉRITOS 1123 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN