Número de prazas: | 3 |
Duración: | 6 meses iniciais, prorrogables ata 3 anos orientado ao desenvolvemento de tese doutoral. |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo |
Retribución: | 1450 € brutos mensuais |
Contratación de persoal nas seguintes liñas de traballo
- Deep Learning analysis of satellite & aerial multispectral images
- Augmented and virtual reality representation of 3D point clouds
- Point cloud processing for automating Scan-to-BIM
Requisitos e perfil do candidato
- Formación/coñecementos: Enxeñaría/Mestrado en titulacións relacionadas con enxeñería (civil, industrial, telecomunicacións, informática, etc.), licenciatura en matemáticas ou física (300 ECTS superados).
- Nivel mínimo de Inglés: equivalente a B2 ou superior.
Selección
O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades da/o candidata/o, e nunha entrevista persoal de ser necesario.
Comisión de selección
- O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada por responsables do grupo de investigación.
Documentación
As/os interesadas/os deben enviar a seguinte documentación ao enderezo electrónico hlorenzo@uvigo.es:
- CV completo
- Copia do expediente académico (formato pdf)
- Carta de interese (1 páxina) indicando a súa preferencia polas liñas 1, 2 ou 3
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de abril de 2022.
Esta oferta de emprego está tamén publicada na plataforma Euraxess.