Proxecto INVESTIGACION EXPERIMENTAL E NUMÉRICA DO COMPORTAMIENTO TÉRMICO DE SUPERFICIES MICROTEXTURIZADAS PARA A MELLORA DA REFRIXERACION DE BATERÍAS E COMPOÑENTES ELECTRÓNICOS DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS PID2020-114742RB-I00
Contrato para a realización dunha tese doutoral dentro da convocatoria de Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2021
Requisitos e perfil do candidato
- Titulados en enxeñerías do ámbito industrial, enerxía, naval ou aeronáuticos, matriculados ou en disposición de ser admitidos nun programa de doutoramento. Mecánica de fluídos e transferencia de calor. Modelos numéricos e actividade experimental.
Solicitude e contacto
- Para solicitar o contrato, o/a solicitante deberá participar na convocatoria pública realizada polo Ministerio de Ciencia do 28-10-21 ata o 11-11-21 ás 14:00 horas. As solicitudes presentaranse a través da plataforma electrónica habilitada para tal efecto.
- Para máis información sobre o contrato ou o proxecto pórse en contacto con: María Concepción Paz (cpaz@uvigo.es).
O programa cobre o contrato do investigador durante un período de ata 48 meses para a realización da tese doutoral. Ademais, dispón dun importe fixo de 6.860 € para sufragar gastos asociados ao pago de taxas, cursos ou estancias curtas noutros centros de investigación.
Data límite de recepción de candidaturas: 11 de novembro de 2021 ás 14:00 horas.