Contrato de Investigación BIOSUV

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: A tempo parcial
Duración: Duración: 6 meses, con posibilidades de ampliación
Remuneración: 960€ brutos/mes.
Lugar de traballo: CINTECX (Campus de Vigo)

Contratación de persoal de investigación para a líña de investigación Tecnoloxía Medioambiental do Grupo de investigación BIOSUV (http://biosuv.uvigo.es/) da Universidade de Vigo.

Requisitos e perfil do candidato

  • Estudios superiores finalizados de Química, Enxeñería Química, Enxeñería en Química Industrial, Enxeñería Industrial o titulación afíns.
  • Expediente académico competitivo.
  • Dispoñibilidade para incorporación inmediata.
  • Bo nivel de inglés.

Selección

  • Currículum vítae.
  • Tipo de titulación que se acredita (grao ou mestrado).
  • Expediente académico do grao ou mestrado (coas cualificacións desagregadas por materias, nota media do expediente e nota media da titulación nesa promoción).
  • Experiencia de laboratorio (se é o caso).
  • Coñecemento de idiomas, preferiblemente inglés.
  • Historial laboral (se é o caso).
  • Outros méritos.
  • Entrevista persoal (no caso de ser necesaria).

Comisión de selección

  • O proceso selectivo será resolto por una Comisión formada por profesores do grupo de investigación, no prazo máis breve posible.
  • A os/as candidatos/as que presenten un perfil adecuado para o contrato, poderase convocar a una entrevista persoal, en caso de considerarse necesario. No caso de que a avaliación non sexa satisfactoria, a comisión poderá declarar deserto o contrato.

Documentación

  • Expediente académico.
  • Currículum vítae.

Lugar de presentación

  • Cubrindo este formulario en liña:   https://forms.gle/T2sy6PwFwwbDYZz37, no cal pódese achegar a documentación solicitada.
  • No caso de ter problemas co envío da documentación, esta pódese enviar por correo electrónico a: mcurras@uvigo.es, indicando a referencia CV_MAMB_PRIMER APELLIDO_NOMBRE no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de xullo de 2021.