{"id":254249,"date":"2024-07-10T15:20:10","date_gmt":"2024-07-10T13:20:10","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/angeles-sanroman-temos-que-demostrar-a-necesidade-de-que-galicia-conte-cun-centro-de-referencia-como-o-cintecx-dentro-da-rede-cigus\/"},"modified":"2024-07-10T15:20:10","modified_gmt":"2024-07-10T13:20:10","slug":"angeles-sanroman-temos-que-demostrar-a-necesidade-de-que-galicia-conte-cun-centro-de-referencia-como-o-cintecx-dentro-da-rede-cigus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/angeles-sanroman-temos-que-demostrar-a-necesidade-de-que-galicia-conte-cun-centro-de-referencia-como-o-cintecx-dentro-da-rede-cigus\/","title":{"rendered":"\u00c1ngeles Sanrom\u00e1n: \u201cTemos que demostrar a necesidade de que Galicia conte cun centro de referencia como o Cintecx dentro da Rede Cigus\u201d"},"content":{"rendered":"<h3>A nova directora do centro avoga por consolidalo como modelo en innovaci\u00f3n e sostibilidade. Destaca o capital humano e a boa taxa de \u00e9xito en convocatorias como grandes fortalezas <\/h3>\n<p>M\u00aa DEL CARMEN ECHEVARR\u00cdA FIGUEROA  DUVI  09\/07\/2024<br \/>\nTranscorrido pouco m\u00e1is dun mes do seu nomeamento como directora de Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, a catedr\u00e1tica de Enxe\u00f1ar\u00eda Qu\u00edmica \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n Braga (C\u00e1diz, 1964) asegura que a s\u00faa percepci\u00f3n do centro non mudou, \u201csalvo polo compo\u00f1ente administrativo, ao que c\u00f3mpre dedicarlle m\u00e1is traballo, que \u00e9 fundamental para a boa marcha\u201d, tras pasar de exercer como investigadora garante a ocupar a direcci\u00f3n.<\/p>\n<p>Vinculada \u00e1 Universidade de Vigo desde que comezou os seus estudos de licenciatura en Qu\u00edmica no campus, na d\u00e9cada de 1980, \u201csen ter clara unha orientaci\u00f3n, nin un futuro profesional\u201d, e onde volveu en 1991, logo de doutorarse en Enxe\u00f1ar\u00eda Qu\u00edmica na Universidade de Santiago, como profesora axudante, \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n reco\u00f1ece abertamente asumir a direcci\u00f3n de Cintecx como \u201cun reto profesional, considerando que recentemente obtivemos o reco\u00f1ecemento da Secretar\u00eda Xeral de Universidades como Centro de Investigaci\u00f3n Colaborativo. Agora temos que continuar traballando co obxectivo de mellorar a nosa cualificaci\u00f3n e demostrar a necesidade de que Galicia conte cun centro de referencia como Cintecx dentro da Rede de Centros de Investigaci\u00f3n Universitaria de Galicia, Cigus\u201d.<\/p>\n<h3>Un referente en innovaci\u00f3n, sostibilidade, e colaboraci\u00f3n interdisciplinar <\/h3>\n<p>A direcci\u00f3n da Oficina de I+D da UVigo ao inicio da s\u00faa carreira, \u201co que me permitiu tomar conciencia de todo o potencial da instituci\u00f3n no campo da investigaci\u00f3n e a transferencia de tecnolox\u00eda\u201d, e s\u00faa participaci\u00f3n na Agencia Estatal de Investigaci\u00f3n, como xestora nas \u00e1reas de Tecnolog\u00eda Qu\u00edmica (2007-2011), Transferencia de Tecnolog\u00eda (2015-2018) e Materiales (2019-2022), son alg\u00fans dos cargos que Sanrom\u00e1n desempe\u00f1ou e os que m\u00e1is destaca. Agora coa experiencia acumulada, tam\u00e9n no \u00e1mbito da xesti\u00f3n, sinala como o seu obxectivo \u00e1 fronte de Cintecx, \u201cconsolidalo como un referente en innovaci\u00f3n, sostibilidade e colaboraci\u00f3n interdisciplinar, cun impacto significativo a nivel local, nacional e internacional\u201d.<\/p>\n<p>Un obxectivo xeral ao que a nova directora, que releva no cargo a Concepci\u00f3n Paz. suma outros m\u00e1is espec\u00edficos como posicionalo como l\u00edder en investigaci\u00f3n aplicada e transferencia de tecnolox\u00eda; mellorar as sinerx\u00edas entre o persoal investigador; dar prioridade \u00e1 formaci\u00f3n de investigadores novos; incrementar a captaci\u00f3n de talento; mellorar as infraestruturas e recursos; impulsar proxectos e tecnolox\u00edas que te\u00f1an impacto positivo na sociedade; involucrar e promover a participaci\u00f3n cidad\u00e1 mediante a realizaci\u00f3n de actividades e continuar a implantaci\u00f3n do plan de igualdade. <\/p>\n<h3>O capital humano, a principal fortaleza <\/h3>\n<p>Creadora do grupo de Bioenxe\u00f1ar\u00eda e Procesos Sostibles (BIOSUV), \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n asegura que, independentemente dos avances que o seu grupo acadou ao longo destes anos, \u201co que m\u00e1is valoro \u00e9 que no desenvolvemento destas investigaci\u00f3ns logrouse a formaci\u00f3n de novos investigadores, que hoxe en d\u00eda son grandes profesionais e na actualidade traballan en empresas punteiras, administraci\u00f3ns p\u00fablicas e na universidade como docentes e investigadores\u201d. O impacto positivo que na sociedade poden ter os proxectos nos que traballa e a diversidade de campos nos que pode desenvolver a s\u00faa actividade profesional, que van da industria biotecnol\u00f3xica \u00e1 alimentaria, pasando pola petroqu\u00edmica e a ambiental, son para \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n o que m\u00e1is lle gusta do seu traballo e que contrasta coa \u201ccantidade de papeleo e burocracia que \u00e1s veces \u00e9 preciso manexar\u201d.<\/p>\n<p>Ao igual que ocorre coa s\u00faa carreira, Sanrom\u00e1n \u00e9 quen de sinalar no caso do centro que dirixe varios \u201cpros\u201d e \u201ccontras\u201d. \u201cCintecx presenta diversas fortalezas, pero a principal \u00e9 o capital humano, xa que conta con investigadores referentes no seu campo, o que o posiciona de xeito favorable no \u00e1mbito nacional e internacional\u201d, sinala a directora.Tam\u00e9n destaca como elementos positivos de Cintecx a boa taxa de \u00e9xito en convocatorias competitivas de captaci\u00f3n de fondos e talento posdoutoral, o seu compromiso coa formaci\u00f3n do estudantado e persoal investigador, o seu ali\u00f1amento co RIS3 Galicia xunto coa s\u00faa localizaci\u00f3n estrat\u00e9xica na eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal e a s\u00faa ampla experiencia de colaboraci\u00f3n coa empresa privada e complementariedade cos centros tecnol\u00f3xicos da contorna. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A nova directora do centro avoga por consolidalo como modelo en innovaci\u00f3n e sostibilidade. Destaca o capital humano e a boa taxa de \u00e9xito en &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/angeles-sanroman-temos-que-demostrar-a-necesidade-de-que-galicia-conte-cun-centro-de-referencia-como-o-cintecx-dentro-da-rede-cigus\/\">Continued<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":254243,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[93],"tags":[],"class_list":["post-254249","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-en"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/254249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=254249"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/254249\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/254243"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=254249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=254249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=254249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}