{"id":254239,"date":"2024-07-10T15:14:42","date_gmt":"2024-07-10T13:14:42","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/expertos-de-todo-o-mundo-converten-vigo-no-epicentro-da-xeoinformacion-e-da-enxenaria-intelixente\/"},"modified":"2024-07-10T15:14:42","modified_gmt":"2024-07-10T13:14:42","slug":"expertos-de-todo-o-mundo-converten-vigo-no-epicentro-da-xeoinformacion-e-da-enxenaria-intelixente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/expertos-de-todo-o-mundo-converten-vigo-no-epicentro-da-xeoinformacion-e-da-enxenaria-intelixente\/","title":{"rendered":"Expertos de todo o mundo converten Vigo no epicentro da xeoinformaci\u00f3n e da enxe\u00f1ar\u00eda intelixente"},"content":{"rendered":"<h3>Os investigadores de CINTECX, Luc\u00eda D\u00eda Vilari\u00f1o, Bel\u00e9n Riveiro e Pedro Arias, presiden os comit\u00e9s organizadores das d\u00faas conferencias internacionais que cel\u00e9branse por vez primeira en Espa\u00f1a<\/h3>\n<p>M\u00aa DEL CARMEN ECHEVARR\u00cdA FIGUEROA  DUVI  01\/07\/2024<br \/>\nTras anos participando nestas conferencias e debido ao interese das s\u00faas contribuci\u00f3ns e a s\u00faa activa participaci\u00f3n nestas comunidades, os e as integrantes do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas da UVigo foron convidados a organizar a 19th International 3D GeoInfo Conference 2024 e o 31st EG-ICE International Workshop on Intelligent Computing in Engineering, que desde hoxe e ata o vindeiro venres se celebrar\u00e1n na sede cidade na Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial. 200 persoas, entre po\u00f1entes e asistentes, participan nestes congresos, que por vez primeira se celebran en Espa\u00f1a. \u201cEn ambos os dous casos, a idea de organizalos en Vigo veu dada polos Advisory Board, tanto do 3D GeoInfo, como do EG-ICE. Debido a que existe unha gran sinerx\u00eda entre as investigaci\u00f3ns que se presentan, tanto nun evento, coma no noutro, consideramos de grande interese organizalos como unha Joint Conference\u201d, explica a docente e investigadora de Cintecx Luc\u00eda D\u00edaz Vilari\u00f1o, que sinala que \u201cpara a UVigo \u00e9 unha boa oportunidade de ga\u00f1ar visibilidade e po\u00f1er en valor o noso traballo\u201d. <\/p>\n<p>Durante os cinco d\u00edas que durar\u00e1n os congresos, participantes de todos os continentes, sobre todo de procedencia europea, abordar\u00e1n os \u00faltimos avances no modelado de sistemas e realidades complexas, onde a intelixencia artificial, a tecnolox\u00eda 3D\/4D e a computaci\u00f3n de altas prestaci\u00f3ns son elementos clave. \u201cTr\u00e1tase de dous eventos de gran relevancia nos \u00e1mbitos da xeoinformaci\u00f3n e da enxe\u00f1ar\u00eda intelixente. As distintas investigaci\u00f3n que se presentar\u00e1n en cadanseu evento, ser\u00e1n publicadas en bases de datos reco\u00f1ecidas internacionalmente, garantindo un impacto duradeiro na comunidade cient\u00edfica e profesional\u201d, detalla Luc\u00eda D\u00edaz Vilari\u00f1o, integrante do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas e presidenta do comit\u00e9 organizador da 3D GeoInfo Conference 2024.<\/p>\n<p>A vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n da UVigo, Bel\u00e9n Rubio, e o director da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial, Jos\u00e9 Fari\u00f1a, xunto a Luc\u00eda D\u00edaz, foron os encargados esta ma\u00f1\u00e1 de inaugurar os congresos, dos que destacaron a s\u00faa importancia ao tempo que agradeceron a presenza dos e das asistentes. As sesi\u00f3ns comezaron coa intervenci\u00f3n de H.C.(Jeroen) Borst, xerente do Cluster Societal Impact for Accessibility and Liveability at Netherlands Organization for Applied Research (TNO), titulada Digital Twins for Liveable and Resilient Cities.<\/p>\n<h3>Ciencia e tecnolox\u00eda da xeoinformaci\u00f3n 3D\/4D, interacci\u00f3n entre computaci\u00f3n e sistemas de enxe\u00f1ar\u00eda aplicados<\/h3>\n<p>Entre os temas que durante esta semana se abordar\u00e1n na 3D GeoInfo Conference 2024, D\u00edaz destaca a adquisici\u00f3n e procesamento de datos 3D\/4D, a an\u00e1lise de big data xeoespaciais, o uso da intelixencia artificial, a xesti\u00f3n de datos, a integraci\u00f3n e fusi\u00f3n de informaci\u00f3n e o modelado de infraestruturas e cidades intelixentes a trav\u00e9s de BIM e xemelgos dixitais. Pola s\u00faa banda, o 31st EG-ICE International Workshop on Intelligent Computing in Engineering, do que son presidentes do comit\u00e9 organizador Bel\u00e9n Riveiro Rodr\u00edguez e Pedro Arias S\u00e1nchez, centrarase na interacci\u00f3n entre computaci\u00f3n e os sistemas de enxe\u00f1ar\u00eda aplicado a diferentes \u00e1mbitos, como son os procesos de automatizaci\u00f3n e rob\u00f3tica, sistemas de monitorizaci\u00f3n e control, sistemas BIM, xesti\u00f3n da construci\u00f3n, sustentatibilidade e resiliencia e an\u00e1lise do ciclo de vida de procesos e produtos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os investigadores de CINTECX, Luc\u00eda D\u00eda Vilari\u00f1o, Bel\u00e9n Riveiro e Pedro Arias, presiden os comit\u00e9s organizadores das d\u00faas conferencias internacionais que cel\u00e9branse por vez primeira &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/expertos-de-todo-o-mundo-converten-vigo-no-epicentro-da-xeoinformacion-e-da-enxenaria-intelixente\/\">Continued<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":254233,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[93],"tags":[],"class_list":["post-254239","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/254239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=254239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/254239\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/254233"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=254239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=254239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=254239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}