1426-188502 Sistema de determinación non invasiva de ocupación, ubicación e cargas internas para a optimización enerxética adaptativa en tempo real e preditiva en edificios terciarios

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1955
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Xornada: Tempo parcial (30 horas/semana).
Data probable de inicio: 16/12/2026.
Duración do contrato: 6 meses.
Salario bruto mensual 1.500,22 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: EDIFICIO AMPLIACION TELECOMUNICACIONES-MINAS.
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).

Traballo a realizar:
Desenvolvemento de métodos de obtención da ocupación en interiores mediante técnicas baseadas en mmWave e información do estado da canle (Channel State Information, CSI)

Requisitos

  • Enxeñaría de Telecomunicación ou Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (preferiblemente especialidade de Sistemas de Telecomunicacións).

Méritos a valorar

  • Formación académica. Coñecementos de idiomas, con especial relevancia do inglés (30 puntos).
  • Experiencia profesional no ámbito das funcións a desenvolver (55 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 2 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Enrique Granada Álvarez.
  • Secretario: Raquel Pérez Orozco.
  • Vogal: Moisés Cordeiro Costa.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2026.