Ofertas contratos. Grupo Xeotecnoloxías aplicadas

Número de prazas: 3
Duración: 6 meses iniciais, prorrogables ata 3 anos orientado ao desenvolvemento de tese doutoral.
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Retribución: 1450 € brutos mensuais

Contratación de persoal nas seguintes liñas de traballo

  • Deep Learning analysis of satellite & aerial multispectral images
  • Augmented and virtual reality representation of 3D point clouds
  • Point cloud processing for automating Scan-to-BIM

Requisitos e perfil do candidato

  • Formación/coñecementos: Enxeñaría/Mestrado en titulacións relacionadas con enxeñería (civil, industrial, telecomunicacións, informática, etc.), licenciatura en matemáticas ou física (300 ECTS superados).
  • Nivel mínimo de Inglés: equivalente a B2 ou superior.

Selección

O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades da/o candidata/o, e nunha entrevista persoal de ser necesario.

Comisión de selección

  • O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada por responsables do grupo de investigación.

Documentación

As/os interesadas/os deben enviar a seguinte documentación ao enderezo electrónico hlorenzo@uvigo.es:

  • CV completo
  • Copia do expediente académico (formato pdf)
  • Carta de interese (1 páxina) indicando a súa preferencia polas liñas 1, 2 ou 3

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de abril de 2022.

Esta oferta de emprego está tamén publicada na plataforma Euraxess.