Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Temporal |
Xornada: | A tempo completo (40 horas/semana) |
Data probable de inicio | 01/09/2022 |
Data probable de finalización | 31/10/2023 |
Salario bruto mensual | 1.300 € brutos/mes |
Lugar de traballo: | Grupo BIOSUV CINTECX, Universidade de Vigo |
Referencia do proxecto: | HIBRITEC+ – Un enfoque práctico e próximo á realidade de mercado na detección e o tratamiento de compostos farmacéuticos. Proxecto PDC2021-121394-I00 financiado por MCIN/AEI /10.13039/501100011033 e pooa Unión Europea Next GenerationEU/PRTR |
Contratación dun investigador para o proxecto HIBRITEC+
Actividades específicas a desempeñar
A persona seleccionada traballará no laboratorio do grupo Bioenxeñería e Procesos Sostibles, no marco do proxecto HIBRITEC+.
Requisitos
- Formación académica: titulación de graduado ou de mestrado con currículum en Enxeñería Química ou Química.
- Experiencia en laboratorio
- Coñecemento de inglés
- Experiencia previa en traballo en equipo e proxectos colaborativos.
Criterios de avaliación
- Experiencia profesional (40%).
- Educación académica (40%).
- Entrevista personal (20%).
O comité de avaliación pode acordar a realización dunha entrevista persoal en liña daqueles candidatos que acaden as mellores puntuacións na experiencia profesional e a formación académica. No caso de que o comité avaliador considere que ningún dos candidatos alcanza os requisitos mínimos requiridos, o proceso pódese declarar deserto.
Comité avaliador
- Presidente: Ángeles Sanromán Braga, Universidade de Vigo.
- Secretario: Emilio Rosales Villanueva, Universidade de Vigo.
- Membros: Marta Pazos Curras, Universidade de Vigo.
Documentación
Os candidatos deberán cubrir o formulario en liña: https://forms.gle/1hKVizivAs4CNZ6z5, no cal se debe anexar a documentación. No caso de problemas ao subir a documentación, esta pode ser enviada por correo electrónico a: mcurras@uvigo.es, indicando a referencia CV_HIBRITEC_APELLIDO_NOMBRE no encabezado da mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 13 de xuño de 2022.
O período de reclamacións será de tres días hábiles despois da publicación da lista provisoria de candidatos admitidos e excluídos.